Semana Verde 2010, un completo espazo multisectorial e de ocio Na súa 33ª edición a gran diversidade de sectores presentes na feira conformarán un enorme e atractivo espazo expositivo ao que se unirán numerosas actividades que sorprenderán a tódolos visitantes. Será así a meirande feira de mostrase ocio de Galicia, e unha das maiores de España, na que os visitantes atoparán: - Unha ampia exposición de automóbiles de distintas marcas a prezos realmente competitivos, á que se unirán as caravanas.
- A mostra conxunta de mobiliario da Capital do Móvel-Paços de Ferreira converterase nun completo catálogo en vivo do moble portugués, que se combinará con moitos outros expositores españois e portugueses de mobiliario e decoración, e incluso de antigüidades. Todo elo fará que poida encontrar as máis variadas solucións para amueblar a súa casa.
- Xardinería, piscinas e cubertas contarán cunha área propia na que se poderán ver e adquirir as últimas novidades destes sectores.
- E tamén unha gran oferta en artesanía, decoración, mascotas, gandería autóctona e os máis diversos produtos que se pueda imaxinar.
- Salimat, que se celebra de forma paralela, conformará un magnífico escaparate de produtos de alimentación de calidade que os visitantes poderán coñecer de primeira man e degustar.
…e multitude de actividades - Cerca de 50 distintas, moitas delas celebradas por primeira vez, uniranse a este parque expositivo para converter á feira nun atractivo espazo de ocio.
- Destacarán os I Xogos Ecuestres de Galicia, un evento pioneiro en España que agrupará competicións de 5 disciplinas hípicas distintas e congregará a 300 cabalos, ademais de acoller diversas exhibicións.
- As entretidas actividades caninas tamén serán protagonistas en campionatos, probas e demostracións, con presenza de distintas razas.
- Conferencias de temática variada, exposicións etnográficas de gando, mostras de flor ornamental e bonsáis, un mercado tradicional gandeiro, catas, degustacións e un longo etcétera completarán o interesante programa da feira.
|
|