pabellon 2.jpg
Comunicados de prensa da feira Semana Verde de Galicia
A Feira Internacional Semana Verde de Galicia pecha as portas dunha 33ª edición marcada por unha enorme afluencia de público
Os Encontros Internacionais de Compradores de Salimat acolleron 1.600 reunións de negocio entre expositores do salón e 28 importadores e distribuidores de 17 países

•    A AMPLÍSIMA OFERTA EXPOSITIVA E DE OCIO, CUN PROGRAMA DE 50 ACTIVIDADES, UNIDO Á ENTRADA GRATUITA Á FEIRA, INCREMENTOU CONSIDERABLEMENTE O NÚMERO DE VISITANTES RESPECTO A ANTERIORES EDICIÓNS

•    O CERTAME PECHOUSE COA ACTUACIÓN DA GAITEIRA SUSANA SEIVANE

Silleda, 13 de xuño de 2010.-
A 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia pecha hoxe as súas portas nos recinto Feira Internacional de Galicia despois de catro días de intensa actividade e unha enorme afluencia de público, a cal se dará a coñecer xunto cos datos de peche do certame nos próximos días.  
Ler máis...
 
O xinete ferrolán Joaquín Poves Gil gaña coa egua Jana o Gran Premio do Concurso Nacional de Saltos celebrado en Semana Verde
Nesta proba na que resultou gañador participaron 16 xinetes con 21 cabalos, mentres que no conxunto do Concurso fixérono 80 xinetes e 107 cabalos

•    SEGUNDO POSTO TAMÉN FOI PARA POVES, CON ENNYA DE VALL, MENTRES QUE O TERCEIRO FOI PARA O ASTURIANO ANTONIO HONRUBIA GONZÁLEZ, CON OSLO W

•    NO TORNEO GALEGO DE SELECCIÓNS DE HORSEBALL RESULTOU VENCEDORA  A SELECCIÓN SUR (6-3) EN FEMININO E A NORTE (5-4) MASCULINO

Silleda, 13 de xuño de 2010.-
O xinete ferrolán Joaquín Poves Gil gañou na xornada de onte coa súa egua Jana o Gran Premio do Concurso Nacional de Saltos categoría  unha estrela  celebrado nos I Xogos Ecuestres de Galicia, os cales teñen lugar no marco da 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia, a cal pecha hoxe as súas portas.
Ler máis...
 
O lalinense Roberto Seijas, co cabalo Tiflis, gaña o Campionato Galego de Raid celebrado no marco dos I Xogos Ecuestres de Galicia
A Feira Internacional Semana Verde de Galicia, a cal se desenvolve dende o pasado xoves e ata mañá domingo, acolle estes Xogos, pioneiros tanto na Comunidade como en España

EN  ANDADURA GALEGA OS FERROLÁNS RAÚL RIESGO E MIGUEL ÁNGEL LÓPEZ GAÑARON AS PROBA DE DOUS E CATRO TEMPOS, RESPECTIVAMENTE, MENTRES QUE O LUCENSE VÍCTOR FERNÁNDEZ ACADOU O PRIMEIRO POSTO EN TROTÓNS

Silleda, 12 de xuño de 2010.-
O lalinense Roberto Seijas, co cabalo Tiflis, gañou o Campionato Galego de Raid, celebrado hoxe no marco dos I Xogos Ecuestres de Galicia, os cales teñen lugar dende onte e ata mañá no marco da 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia. O segundo posto foi para Francisco Fernández Piñeiro, que competiu con Ara.
Ler máis...
 
Un arce buergerianum do padronés Luis Baliño gaña o premio á “mellor árbore” da exposición de bonsáis da 33ª Semana Verde de Galicia
A mostra, que forma parte do III Congreso Galego do Bonsái, está composta por 50 exemplares das mellores coleccións de Galicia

TAMÉN SE ENTREGARON PREMIOS Á MELLOR “ÁRBORE GRANDE”, “ÁRBORE MAME”, “AUTÓCTONO” E “PÚBLICO”, ADEMAIS DE 10 MENCIÓNS ESPECIAIS

Silleda, 12 de xuño de 2010.- 
Un arce buergerianum  do padronés Luís Baliño gaña o premio á “mellor árbore” da exposición de bonsais que se pode ver dende o pasado xoves e ata mañá domingo no marco do III Congreso Galego do Bonsái, o cal se celebra na 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia.
Ler máis...
 
A 33ª Semana Verde acolle a presentación das liñas de axudas da Consellería de Traballo para o cooperativismo en Galicia
Tivo lugar hoxe no marco dunha xornada de dinamización e emprendemento desta fórmula empresarial

•    DEUNAS A COÑECER O SUBDIRECTOR XERAL DE COOPERATIVAS E ECONOMÍA SOCIAL, XOÁN MIGUEL CONCHEIRO

•    SUBVENCIONARANSE  A CREACIÓN DE OFICINAS  DE FOMENTO COOPERATIVO NOS CONCELLOS

Silleda, 11 de xuño de 2010.-
A 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se celebra dende onte e ata o vindeiro domingo día 13 de xuño, acolleu hoxe a presentación das liñas de axudas da Consellería de Traballo e Benestar para o cooperativismo en Galicia, as cales se publicarán de xeito oficial en poucos días. O subdirector xeral de Cooperativas e Economía Social desta Consellería, Xoán Miguel Concheiro, foi o encargado de presentalos na “Xornada de Dinamización e Emprendemento da Fórmula Empresarial do Cooperativismo e Economía Social”, organizada no certame polo Consello Galego de Cooperativas.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 4
___________________________________________________________________________________
               

                     
___________________________________________________________________________________