A outra é a do boi de Kobe, do Xapón
• ESTES ANIMAIS, DOS QUE SÓ QUEDAN 30 PARELLAS EN GALICIA, ESTÁN PRESENTES NA 33ª SEMANA VERDE CO OBXECTIVO DE RECUPERAR ESTA RAZA DE BOIS COMO ANIMAL PRODUCTOR E PARA DAR A COÑECER A SÚA IMPORTANCIA NA HISTORIA DA GALICIA RURAL E URBANA
• PROTAGONIZAN DURANTE TODOS OS DÍAS DO SALÓN EXHIBICIÓNS DE ENGANCHE AO XUGO E PASEOS CON CARROS
Silleda, 11 de xuño de 2010.- A 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se celebra dende onte e ata o vindeiro domingo no recinto Feira Internacional de Galicia, conta coa presenza de 8 bois rubios galegos. A súa participación no Mercado Tradicional Gandeiro que se recrea no certame ten unha dobre finalidade.
Por unha banda, a Asociación de Criadores de Boi Galego (Acribuga) quere coa súa presenza promocionar estes animais como productores dunha carne de gran calidade. Non en van esta carne e a do boi de Kobe, localidade de Xapón, están catalogadas como as dúas mellores do mundo.
Esta calidade débese a que se trata unha raza de bois que se engraxan moi tarde, e cando o fan, é graxa intramuscular e non entremuscular (non é de cobertura), o que fai que sexa carne moi xugosa e tenra. Ademais, é rica en vitamina b e ácidos grasos monoinsaturados, especialmente en ácido oleico, que lle otorga a textura, aroma e sabor que a caracteriza.
Por outra banda, Acribuga pretende recuperar e dar a coñecer a importancia do boi rubio galego na historia de Galicia, tanto na rural en labores agrícolas como na urbana, na que exerceron un traballo fundamental no transporte de mercadorías pesadas, como area, pedra ou ladrillos, dende o seu lugar de produción e ata as ciudades.
30 parellas en Galicia Aínda que non se trata dunha raza en perigo de extinción, xa que a raza rubia galega non o está, si que existe risco de desaparición deste tipo de bois, xa que actualmente en Galicia soamente existen 30 parellas en 21 concellos.
Para chamar a atención sobre estes animais, no marco da 33ª Semana Verde de Galicia realízanse exhibicións de enganche dos bois ao xugo e paseos con carros de 2 e 4 rodas tirados por eles, sendo a primeira vez que en Galicia se fai unha demostración deste tipo. Ademais tamén está presente unha mostra etnográfico e realízanse proxeccións sobre esta raza de bois.
|