panoramica2.jpg
Un arce buergerianum do padronés Luis Baliño gaña o premio á “mellor árbore” da exposición de bonsáis da 33ª Semana Verde de Galicia
A mostra, que forma parte do III Congreso Galego do Bonsái, está composta por 50 exemplares das mellores coleccións de Galicia

TAMÉN SE ENTREGARON PREMIOS Á MELLOR “ÁRBORE GRANDE”, “ÁRBORE MAME”, “AUTÓCTONO” E “PÚBLICO”, ADEMAIS DE 10 MENCIÓNS ESPECIAIS

Silleda, 12 de xuño de 2010.- 
Un arce buergerianum  do padronés Luís Baliño gaña o premio á “mellor árbore” da exposición de bonsais que se pode ver dende o pasado xoves e ata mañá domingo no marco do III Congreso Galego do Bonsái, o cal se celebra na 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia.

Na categoría de “árbore grande” o primeiro premio foi para unha sabina do coruñés Luís Vila, mentres que o segundo recaeu nunha sabina china, de Luís Baliño. En “Mame” o máximo galardon acadouno unha composición de sabina, azalea e cotoneaster do ribeirense José Crusat, sendo o seguno premio para unha sabina do santiagués Alberto Baleato.

O recoñecemento como mellor “árbore autóctona” obtívoo un pino silvestre do baiones Jorge Campos. En canto ao premio “árbore público”, concedido polos visitantes da Semana Verde de Galicia, recaeu nunha sabina de Luís Vila.

Ademais, entregáronse 10 mencións especiais a bonsáis de propietarios de Ourense Santiago, A Coruña e Vigo. A exposición da que forman parte todos estes árbores galardonados está composta por 50 bonsáis das mellores coleccións de Galicia.

Talleres e demostracións
No marco do III Congreso Galego do Bonsái tamén se realizaron hoxe diversas demostracións e talleres. Os profesionais Luís Vila e Juan Liñares foron os encargados de realizalos, centrándose en aspectos como a limpeza, a poda, os aderezos e a formación estética do bonsái.

Os nenos a partir de 7 anos tamén pudieron participar nun taller dirixido específicamente para eles, co obxectivo de aficionar ás novas xeracións a este tipo de cultivo de árbores, foi impartido por José Crusat e José Vázquez Sanluis.
 
___________________________________________________________________________________
               

                     
___________________________________________________________________________________