panoramica.jpg
A 33ª Semana Verde de Galicia celebrarase do 10 ao 13 de xuño de 2010

La 33ª Semana Verde de Galicia se celebrará del 10 al 13 de junio    de 2010O  Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat, seguirá levándose a cabo de forma paralela

- Fixouse esta data como a máis idónea para convocar a feira debido á preferencia por este mes dos sectores implicados, motivo principal que se viu reforzado pola posibilidade de levar a cabo en xuño os I Xogos Ecuestres de Galicia, unha ambiciosa convocatoria de diversas modalidades equinas.

- O certame continuará coa orientación iniciada na edición de 2009, volviendo constituírse como un certame de mostras multisectorial, aberto a tódolos públicos e cun alto componente de ocio.

Silleda, 12 de novembro de 2009.- A 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia celebrarase do 10 ao 13 de xuño de 2010, mantendo a súa duración de catro días, no recinto Feira Internacional de Galicia.

Esta data foi fixada como a máis idónea para a convocatoria da feira debido á preferencia polo mes de xuño amosada polos sectores implicados nela. Este motivo principal viuse reforzado pola posibilidade de celebrar no mes de xuño os I Xogos Ecuestres de Galicia tras conversas neste sentido entre a Fundación Semana Verde, organizadora do evento, e a Federación Hípica Galega, a cal prestará o seu apoio para desenvolvelo.
 
Os I Xogos Ecuestres de Galicia constitúen un ambicioso programa de actividades equinas que, ademais de contar coa aprobación da Federación Hípica Galega, teñen tamén o respaldo da Real Federación Hípica Española. Esta concentración  inclúe a celebración de concursos e copas de ámbito tanto rexional como nacional que abarcan diferentes disciplinas e modalidades federativas.

Estes Xogos, xunto con outras actividades que se están a programar, configurarán para o 2010 un atractivo programa de ocio que se complementa coa vertente comercial da feira, ofrecendo un escaparate internacional idóneo para o sector empresarial galego.  A organización da Semana Verde está xa a traballar para ofrecer unha edición que incorpore novos sectores e actividades, co obxectivo de que os visitantes descubran en cada convocatoria unha nova feira.

Esta incorporación está en liña co plantexamento iniciado na convocatorioa deste ano (do 11 ao 14 de xuño), na que se levou a cabo unha redefinición da feira desviando a compoñente  profesional dos tradicionais sectores da Semana Verde de Galicia a monográficos independentes e constituíndose como o maior certame multisectorial do noroeste peninsular, aberto a todos os públicos e cun importante carácter de ocio.

Nas mesmas datas celebrarase tamén o 14º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2010, que seguirá a manter o seu carácter profesional, co reto de converterse novamente en escaparate de novidades e punto de converxencia do sector da alimentación e a gastronomía.

Edición de 2009

A 32ª Feria Internacional Semana Verde de Galicia, que tivo lugar do 11 ao 14 de xuño do presente ano e na que se estreou o seu novo concepto feiral , rexistrou unha afluencia de 54.568 persoas, cifra que supuxo un 61% máis de visitantes que en 2008, cando asistiran 33.882.

 
___________________________________________________________________________________
               

                     
___________________________________________________________________________________