pabellon 2.jpg
A 33ª Semana Verde de Galicia recreará un mercado tradicional con exposición e venta de 11 razas de gando autóctono
Celebrado do 10 ao 13 de xuño, amosará por primeira vez nunha mostra animais de explotacións privadas como produto final para o consumidor

•    ESTARÁN PRESENTES EXEMPLARES BOVINOS, OVINOS, PORCINOS, EQUINOS, CANINOS E AVÍCOLAS, A MAIORÍA DE RAZAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

•    TAMÉN INCLUIRÁ EXHIBICIÓNS, PROXECCIÓNS E XORNADAS TÉCNICAS SOBRE O  GANDO PRESENTE
Silleda, 23 de maio de 2010.- A 33º Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se celebrará do 10 ao 13 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia, recreará un mercado tradicional con exposición e venta de 11 razas de gando autóctono. Serán máis de 1.600 exemplares bovinos, ovinos, porcinos, equinos, caninos e avícolas de criadores procedentes das catro provincias galegas.

As razas autóctonas en perigo de extinción serán as protagonistas deste mercado. Así nel estarán presentes 1.500 exemplares de Galiña de Mos, os cales se poñerán á venda durante a fin de semana. Deles 100 galos e galiñas adultos participarán nun concurso no que se premiará aos mellores animais desta raza caracterizada pola súa carne baixa en graxa.

As razas bovinas de Galicia baixo risco de desaparición contarán con medio centenar de animais. Procedentes de 7 criadores, poderanse ver e adquirir 26 novillas cachenas, 7 novillas e 3 vacas de raza caldelá, 3 vacas frieresas, 6 novillas limiás e 6 vacas vianesas.

Do porco celta haberá 44 exemplares (entre machos e femias reprodutores, cebos e leitóns), unha ampla mostra con xenética contrastada para que os compradores poidas elixir entre animais de diferentes idades e variedades. Tamén estarán presentes 2 ovellas galegas,  2 cans de palleiro e 12 cabalos de pura raza galega.

Por outra banda, tamén estarán presentes no mercado 15 vacas e 2 touros de raza rubia galega e 8 bois galegos, raza autóctona pero sin perigo de extinción.

Todos eles conformarán unha mostra na que por primeira vez se amosarán e poñerán á venda animais de explotacións privadas como produto final para o consumidor.

Exhibicións con bois, xornadas e proxeccións

No marco deste mercado gandeiro, realizado co apoio dos fondos Feader, levaranse a cabo diversas actividades paralelas á exposición e venta dos animais.

O boi rubio galego será o protagonista dalgunha delas. Así, realizarase unha proxección audiovisual que recollerá diversos aspectos dos traballos realizados con este animal (cultivo, ferrado, etc), una exposición sobre a súa historia en Galicia e unha exhibición na que se mostrará o enganche do boi ao xugo e ao carro e paseos de carros de dúas e catro rodas.

Será a primeira vez que en España se realiza unha exhibición con exemplares de bois rubios galegos.

Por outra banda, a carne da ovella galega será o tema central dunha xornada técnica, á que tamén se sumará unha reunión técnica do Club Raza Can de Palleiro.
 
 
___________________________________________________________________________________
               

                     
___________________________________________________________________________________