|
A entrada á Semana Verde 2010 será gratuíta por primeira vez nos últimos 25 anos para facilitar a asistencia de todos |
A actual situación de crise, que impide a moita xente disfrutar de momentos de lecer, é o motivo principal desta decisión
• DO MESMO XEITO QUE NA PASADA EDICIÓN, OS APARCADOIROS DO RECINTO FEIRAL TAMÉN SERÁN GRATIS.
• O CERTAME OFRECERÁ AOS VISITANTES UNHA AMPLA EXPOSICIÓN MULTISECTORIAL E UN COMPLETO PROGRAMA DE OCIO, CON EXPOSICIÓNS, COMPETICIÓNS CANINAS E OS I XOGOS ECUESTRES DE GALICIA.
Silleda, 25 de maio de 2010.- A entrada á Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se celebrará do 10 ao 13 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia, será gratuíta por primeira vez nos últimos 25 anos deste emblemático certame.
Na decisión dos seus organizadores de eliminar o abono en taquilla influiu principalmente a actual situación de crise, que impide a moita xente disfrutar de momentos de lecer. Así, preténdese que todo aquel que queira acudir á feira poida facelo sen que lle supoña ningún desembolso económico obrigatorio no recinto.
Para eliminar totalmente estes gastos dos asistentes tampouco se cobrará pola utilización dos aparcadoiros do recinto, un servizo que xa foi gratis na pasada edición.
Outro motivo que apoia esta decisión é a búsqueda de consolidación do novo concepto da feira, que na pasada edición se transformou nun certame multisectorial de mostras e lecer aberto ao público en xeral, no que se potencian sectores como o da automoción, o de mobiliario e decoración ou o equino.
Deste xeito, o público poderá disfrutar de forma gratuíta dunha ampla exposición multisectorial e dun completo programa de ocio, con exposicións, exhibicións, competicións e o I Xogos Ecuestres de Galicia.
Por celebrarse de forma paralela á Semana Verde, o acceso ao 14º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2010, tamén será gratuíto.
|