publico.jpg
A 33ª Semana Verde de Galicia acollerá unha exposición formada por 50 bonsáis das mellores coleccións de Galicia
Será no marco do III Congreso Galego do Bonsái que se celebrará na feira, no que tamén se realizarán talleres de adultos e de nenos, para aficionar ás novas xeracións a este tipo de cultivo de árbores e prantas

•    ESTARÁ ABERTA AO PÚBLICO TODOS OS DÍAS DO CERTAME, QUE SE CELEBRARÁ DO 10 AO 13 DE XUÑO

•    PREMIARANSE OS MELLORES EXEMPLARES PRESENTES NA MOSTRA, NAS CATEGORÍAS DE MELLOR ÁRBORE, MAME E MELLOR ÁRBORE AUTÓCTONO, ADEMAIS DE MENCIÓNS
Silleda, 27 de mayo de 2010.- A 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se celebrará do 10 ao 13 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia, acollerá unha exposición formada por 50 bonsáis das mellores coleccións de Galicia, a cal forma parte do programa do III Congreso Galego do Bonsái que terá lugar no marco deste salón multisectorial.

Nesta mostra, que estará aberta ao público durante todos os días de celebración da Semana Verde de Galicia, serán premiados os mellores exemplares, nas categorías de “Mellor árbore da exposición”, “Mame” e “Mellor árbore autóctono”, ademais de diversas mencións.

No marco do III Congreso Galego do Bonsái tamén se realizarán diversas demostracións e talleres durante o sábado 12 e o domingo 13. Os profesionais Luis Vila, Juan Liñares, Leonardo Blanco e Marcial Campos serán os encargados de realizalos, centrándose en aspectos como a limpeza, a poda, os aderezos e a formación estética do bonsái.

Os nenos tamén poderán participar nun taller dirixido específicamente para eles, a partir de 7 anos, co obxectivo de aficionar ás novas xeracións a este tipo de cultivo de árbores e prantas. Jose Crusat e José Vázquez Sanluis impartirán este taller, que terá lugar o sábado pola mañá.
 
___________________________________________________________________________________
               

                     
___________________________________________________________________________________