publico.jpg
En Galicia hai 21 cans guía que prestan asistencia a outros tantos galegos con cegueira
Estes lazarillos foron adestrados durante aproximadamente 3 anos para buscar asento no autobús, pararse ante os semáforos ou detectar escaleiras

•    100 NOVOS CANS SON FORMADOS CADA ANO POLA ONCE, ENTIDADE SOCIAL QUE ESTARÁ PRESENTE NA 33ª SEMANA VERDE DE GALICIA INVITADA POLA ORGANIZACIÓN

•    OS DÍAS 12 E 13 DE XUÑO, DENTRO DO PROGRAMA DA FEIRA, REALIZARANSE NUMEROSAS ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN CANINA QUE AMOSARÁN HABILIDADES COMO BUSCAR OBXECTOS PERDIDOS

Silleda, 1 de xuño de 2010.- En Galicia hai actualmente un total de 21 cans guía que prestan asistencia a outros tantos galegos con cegueira, segundo fontes consultadas pola 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia, a cal contará no seu programa con actividades caninas que amosarán diversas habilitades destes animais, e que se celebrarán os días 12 e 13 de xuño.

Os cans guía que prestan servizo en Galicia, ao igual que os presentes noutras comunidades, foron adestrados durante aproximadamente 3 anos, durante os cales aprenderon, entre outras cousas, a buscar un asento para o seu dono no autobús, pararse ante os semáforos, esquivar obstáculos e detectar escaleiras. Pero non só se educaron  para a súa posterior asignación a unha persoa cega, senón que se lles transmitiron valores como o cariño, a comprensión e a ternura.

Estes “lazarillos” son femias e machos de raza Pastor Alemán, Labrador e Golden Retriever. Físicamente teñen condicións perfectas, non superando nunca a talla media, mentres que na súa personalidade están presentes a obediencia, a serenidade, a sociabilidade e un bo sentido do equilíbrio.

Cada ano son formados 100 exemplares no maior centro de adestramento de toda Europa, situado en Madrid. Trátase da Fundación ONCE del Perro Guía, xestionada pola Organización Nacional de Ciegos de España, a cal estará presente na 33ª Semana Verde de Galicia.

Exhibicións de habilidade e educación canina

Durante o sábado 12 e o domingo 13 de xuño a Semana Verde de Galicia celebrará dentro do seu programa de actividades exhibicións de educación canina que amosarán habilidadades como buscar obxectos perdidos e interaccionar co público.

Tamén se levarán a cabo outras exhibicóns que terán aos cans como protagonistas, como unha carreira de fondo (canicross) e outra de triciclos tirados por estes animais (mushing). Así mesmo, levaranse a cabo probas e campionatos de agility (axilidade canina).
 
___________________________________________________________________________________
               

                     
___________________________________________________________________________________