Este evento pioneiro a nivel nacional terá lugar no marco da 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia, a cal se celebrará do 10 ao 13 de xuño
• SALTO, DOMA CLÁSICA, RAID, ANDADURA GALEGA E HORSEBALL SERÁN AS DISCIPLINAS E MODALIDADES NAS QUE SE CELEBRARÁN COMPETICIÓNS OFICIAIS, ÁS QUE SE SUMARÁN EXHIBICIÓNS DE VOLTEO E DOMA VAQUEIRA E DE ALTA ESCOLA
• O ACCESO A TODAS ESTAS ACTIVIDADES SERÁ TOTALMENTE GRATUÍTO, AO NON COBRARSE NESTA EDICIÓN Á ENTRADA Á FEIRA
Silleda, 7 de xuño de 2010.- Un total de 300 cabalos de competición procedentes de diversos puntos de España participarán nas probas, campionatos e exhibicións que se desenvolverán nos I Xogos Ecuestres de Galicia, os cales se celebrarán no marco da 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia, a cal terá lugar do 10 ao 13 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia.
Salto, doma clásica, raid, andadura galega e horseball (baloncesto a cabalo) serán as disciplinas e modalidades nas que se celebrarán competicións oficiais. Así, os Xogos acollerán o Concurso de Salto de Obstáculos CSN*, con categoría nacional, de tres días de duración e con cinco probas diarias. Serán un total de 107 cabalos, con 112 saídas a pista, os que participen.
Nesta competición, cuxo obxetivo é que o cabalo realice un recorrido con obstáculos variados sin cometer ningún fallo e no que se pon a proba tanto a obediencia do cabalo e as súas aptitudes como atleta como a capacidade do xinete para axudalo sin interferir no salto, participarán un importante número de xinetes para preparar o campionato de España de Xuveniles e Xóvenes Xinetes.
De Doma Clásica realizaranse tres concursos, o Territorial de Menores, puntuable para o Campionato Galego; o Concurso Nacional CDNM*, puntuable para a clasificación do Campionato Nacional de Doma Clásica, e o Concurso Paraecuestre de Doma Nacional. Éste último, que se celebrará por primeira vez en Galicia e por segunda vez a nivel nacional, destaca por ser unha competición complexa dada a notoria discapacidade dos xinetes participantes.
As probas oficiais desta disciplina, na cal o xinete debe conseguir que o cabalo reralice todas as súas ordes cun alto grado de armonía, serán o venres e o sábado.
As competicións de Raid (marchas reguladas), celebraranse o sábado día 12, figurando entre elas o Campionato Galego de Raid e a Proba Nacional de Raid CEN*, ambas de categoría 1 estrela. Nas probas percorreranse, campo a través e a galope, trote ou paso, distancias amplas con rutas previamente marcadas, as cales variarán en función da categoría pero sin baixar nunca dos 40 kms (se é unha competición nacional).
En canto á Andadura Galega (de dous tempos, catro tempos e trotóns), realizarase unha proba puntuable para o Campionato de Galicia. Nela poderanse ver as particularidades dunha modalidade ancestral, realizada únicamente en Galicia, vencellada á comodidade do xinete para realizar longos recorridos, a cal se desenvolve ao cronómetro, penalizando en segundos cada vez que o cabalo se vai da “marcha” e resultando gañador o participante que menos tempo realice.
Os asistentes aos I Xogos Ecuestres de Galicia poderán ver tamén o Torneo Galego de Seleccións de Hoseball Norte-Sur. Será unha actividade moi vistosa na que se enfrontarán equipos de seis xogadores que, portando un balón con seis asas de coiro, deben conseguir o maior número de tantos nas canastas verticais do equipo contrario, todo elo sin desmontar do cabalo en ningún momento. Haberá tanto categoría masculina como feminina.
Exhibicións de volteo e doma vaqueira Ás competicións oficiais dos Xogos únense diversas exhibicións. As de Doma Vaqueira, unha disciplina que ten a súa orixe nos traballos que se desenvolvían no campo co manexo do ganado, principalmente en Andalucía, Extremadura e a provincia de Salamanca, celebraranse a fin de semana. Pola súa banda, as de Volteo, consistente en exercicios ximnásticos sobre un cabalo en movemento, serán o sábado.
Por outra banda, realizaranse unha demostración de doma de alta escola con cabalos de pura raza galega e unha escola infantil con ponis e bautismo hípico.
Todo elo converterá aos I Xogos Ecuestres de Galicia, os cales contan co respaldo das Federacións Hípicas Española e Galega, nun evento pioneiro tanto en Galicia como a nivel nacional, xa que é a primeira vez que se agrupan nun mismo evento tanto disciplinas e modalidades hípicas.
O acceso a todas as probas, campionatos e exhibicións será gratuíto, ao non cobrarse nesta edición a entrada á Semana Verde de Galicia.
Cerimonia de presentación O sábado celebrarase no ring principal do recinto a cerimonia de presentación dos I Xogos Ecuestres de Galicia, na cal, ante diversas personalidades e autoridades, desfilarán 35 cabalos en representación das distintas disciplinas e modalidades que acolle o evento. Asimesmo, entregaranse as medallas aos campeón galegos de raid.
|