|
Equina: Un espazo de negocio e promoción para as empresas relacionadas co mundo equino, que acollerá a celebración dos I Xogos Ecuestres de Galicia, unha concentración de aproximadamente 450 exemplares participando en competicións e torneos que abarcan diferentes disciplinas, así como outro gran número de animais presentes en concursos e exposicións. Os I Xogos Ecuestres de Galicia, serán un importante reclamo para atraer a público, tanto aficionado á hípica como xeral. Acollen as seguintes modalidades: - Concurso Nacional de Salto
- Concurso Nacional de Doma Clásica
- Concursos morfolóxicos
- Campionato de Galicia e Concurso Nacional de Raid Hípico
- Torneo galaico-portugués de horseball
- Proba oficial de andadura e de trotóns
No programa de actividades ecuestres figuran tamén: - Actividades populares: bautismo hípico, competición de arrastre de pesos por bois e cabalos percheróns, exhibición de trotóns, exposicións de razas mulares e mostra de razas selectas nacionais e de Portugal
- Espectáculo ecuestre
>>> ¿Como ser expositor?
|