|
Mascotas e Pequenos Animais:
Unha área que se presenta nesta edición como unha variada exposición de mascotas na que o público poda escoller, desde o animal máis coñecido e popular ao máis exótico, ademais de competicións, exhibicións e exposicións de moda e perruquería caninas. Actividades Caninas 2010:
- Probas Agility clasificatorias para o Campionato de España de Agility de 2010. (Sábado 12 e Domingo 13)
- IV Edición do Campionato de Agility do Collie Club de España. (Sábado 12 e Domingo 13)
- XII Edición Campionato de Galicia de Agility (Sábado 12 e Domingo 13)
As probas de axilidade canina, semellantes ao salto de obstáculos hípicos, véñense celebrando ao longo de aproximadamente as 18 últimas edicións da Feira Internacional Semana Verde de Galicia.
Estas probas enmárcanse dentro do calendario nacional de Agility da REAL SOCIEDAD CANINA ESPAÑOLA, que á súa vez as regulamenta.
O campionato de Agility do Collie Club de España é un dos máis espectaculares pola velocidade que adquiren os cans e os incribles xiros que teñen que realizar para enfrontarse a cada obstáculo, sorteando o percorrido marcado e na orde establecida. Participarán exemplares de Border Collie, Bearded Collie, Smooth Collie, Rough Collie e os pequenos Shetland Sheep Dog que tamén están incluidos nol Clube. - Exhibición de educación canina (Sábado 12 e Domingo 13)
Será realizada por cans que están convivindo cos seus amos, as súas mascotas, que foron educados ou adestrados por eles. Estarán presentes animais sen raza, animais que foron adoptados, cans con raza, cans grandes, pequenos, medianos, etc., semellantes a aqueles cos que convivimos día a día. - Exhibición de tiro de trineo con cans polo equipo Bombón Artesáns Pedras de Santiago-Arión, da Asociación Galega de Cans e Tiro de Trineo (AGACETT) (Pendente data)
- Exhibición de Canicross (carreira de fondo con can), organizada pola Asociación Cans Deportistas (ACADE) (Pendente data)
>>> REGULAMENTACIÓN SANITARIA >>> ¿Como ser expositor?
|