salimat.jpg

XIV Salón de Alimentación do Atlántico

O 14º Salón de Alimentación do Atlántico manterá o seu carácter profesional, converténdose en punto de encontro do sector da alimentación e a gastronomía.

Os Encontros Internacionais de Compradores serán un dos seus piares, permitindo á pequena e mediana empresa entrar en contacto cun importante número de importadores estranxeiros mediante reunións pre-axendadas.

Terá tamén un papel protagonista a área Alinova, un espazo exclusivo que amosará os últimos produtos lanzados ao mercado, permitindo coñecer atractivas innovacións alimentarias.

A fin de semana abrirase ao público en xeral, tomando protagonismo a promoción ao consumidor final e a gastronomía.

Actividades

  • Encontros Internacionais de Compradores
  • Encontros de negocio co mercado nacional
  • Talleres de catas e conferencias

>>> + info: www.salimat.es

 

 
___________________________________________________________________________________