Semana Verde 2011 aposta por unha gran diversidade de sectores e actividades para revalidar o seu éxito como gran espazo comercial e de ocio
A concentración nun mesmo espazo dunha amplísima oferta relativa a unha gran variedade de sectores converterá á Semana Verde 2011 nun completo escaparate multisectorial con gran atractivo para o público xeral. A esta diversidade engadiráselle o carácter novidoso de moitos sectores que estarán presentes por primeira vez na área expositiva para enriquecer o contido do certame, e que atraerán tanto a fieis da feira coma a novos visitantes. Este gran espazo comercial contará cun importante aliado para darlle valor engadido e revalidar o éxito da súa pasada edición, á que asistieron máis de 100.000 visitantes: un intenso programa de ocio e entretenemento que incluirá multitude de actividades dirixidas a tódalas idades e segmentos de población.
Este plantexamento converterá á Semana Verde 2011 nun inmellorable espazo para a promoción e o intercambio comercial, con garantía de rendibilidade para tódalas empresas participantes. 
|
|