Unha feira de referencia que segue a superarse para xerar máis oportunidades comerciais
A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia continúa a aumentar o seu valor como ferramenta de venda para empresas de numerosos sectores.
A súa ampla traxectoria, exitosa formulación e capacidade para crear negocio únense a un crecemento continuo que en 2018 xa foi magnífico:
- Contou con 710 expositores directos, un 11,4% máis que o ano anterior
- A superficie neta ascendeu a 17.812 m², (incrementándose un 14,5%) e o espazo total a 89.173 m² un 14% máis.
- Se celebraron 200 actividades distintas con gran acollida de público (unha cantidade récord)
- Rebasou amplamente os 100.000 visitantes
Unahs cifras que supoñen o mellor respaldo para un certame que na súa 42ª edición volverá fortalecer a sú proposta. E a revalidar a condición de maior feira de mostras e lecer do noroeste peninsular.
A mellor formulación para atraer ao público: infinidade de produtos e servizos
A gran cantidade de sectores que caracteriza á feira, e que supón un magnífico reclamo, seguirá a potenciarse nesta edición:
- Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca)
- Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia)
- Feira de Festas de Interese Turístico (Festur)
- Feira de Caza, Pesca e Natureza (Fecap Abanca).
- Maquinaria agrícola e vinícola
- Pequena maquinaria para agricultura de fin de semana
- Equipamento para bodegas
- Xardinería e ferramentas
- Piscinas e cubertas
- Instalacións e caldeiras de biomasa
- Mobiliario, decoración e antigüidades
- Automóbiles de ocasión
- Gandería
- Mascotas e pequenos animais
- Área comercial con produtos de moi distintos ámbitos
- Servizos, e moito máis ...