Galiforest pecha unha primeira edición marcada pola satisfacción de expositores e visitantes profesionais e pola gran afluencia destes últimos

Organizado por la Feira Internacional de Galicia, constituyó desde el jueves y hasta hoy un completo escaparate de innovaciones del sector forestal en el que se mostró maquinaria con un valor superior a los 11 millones de euros


• ESTE MONOGRÁFICO FORESTAL, O PRIMEIRO CELEBRADO EN GALICIA QUE TEN LUGAR NO MONTE, CONTOU COA PRESENZA DE 100 FIRMAS EXPOSITORAS E MÁIS DUN CENTENAR  DE DEMOSTRACIÓNS DE MAQUINARIA

• ACOLLEU ADEMAIS UN INTERESANTE PROGRAMA DE XORNADAS TÉCNICAS E DE FORMACIÓN QUE O CONVERTERON NUN ATRACTIVO FORO DE COÑECEMENTO PARA O SECTOR

Boqueixón, 26 de xuño de 2010.- O monográfico forestal Galiforest 2010,  organizado pola Feira Internacional de Galicia (Fundación Semana Verde) no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), pecha hoxe unha primeira edición marcada pola satisfacción de expositores e visitantes profesionais e pola gran afluencia destes últimos, a cal se dará a coñecer xunto cos datos de peche do certame nos próximos días.

Dende o pasado xoves e ata hoxe, un total de 100 firmas expositoras de 14 países, entre as cales figuran as de maior prestixio do sector a nivel nacional e internacional, estiveron presenten nun monográfico que  foi inaugurado ás 13.00 horas do pasado xoves polo Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Presidente da Fundación Semana Verde de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, quen estivo acompañado polo Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado; o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas; e a  directora da Fundación Semana Verde, Paloma Hidalgo López, entre outras personalidades.

As claves desta primeira edición de Galiforest 2010, determinantes para este éxito acadado, foron o seu carácter totalmente profesional, a súa vocación internacional e a súa celebración no monte. Esta ubicación nun lugar real de traballo foi un dos principais atractivos do certame para os diversos axentes implicados, xa que permitiu que os expositores puideran realizar demostracións en vivo da maquinara exposta e os visitantes comprobaran o seu funcionamento e posibilidades.

Maquinaria cun valor superior aos 11 millóns de euros


Baixo este plantexamento, Galiforest, o primeiro monográfico forestal celebrado en Galicia que ten lugar no monte co obxectivo de dar resposta ás necesidades e demandas do sector, converteuse nun efectivo centro de negocios do sector que favoreceu o intercambio comercial entre oferta e demanda. Constituiu ademais un completo escaparate de innovacións en explotación forestal, primeira transformación e aproveitamento da biomasa no que se exhibiron casi 300 máquinas, as cales contaron cun valor superior aos 11 millóns de euros.

Entre as máquinas presentes, a de maior valor foi unha astilladora que acada os 710.000€, mostrándose aos visitantes tamén dúas procesadoras de 418.000 e 415.00 euros.

Demostracións, xornadas técnicas e reunións

A amplia área expositiva de Galiforest complementouse cun interesante programa de actividades dirixidas a profesionais. Entre elas tiveron un lugar destacado as máis de 100 demostracións de maquinaria que se realizaron de forma continuada durante cada unha das tres xornadas da feira, nas cales se puideron ver todo tipo de traballos forestais realizados polas máquinas expostas no certame.

Dentro do programa tamén tivo un papel protagonista o Concurso de Innovación Tecnolóxica Galiforest 2010, ao cal se presentaron 12 innovacións destinadas a aportar melloras ao sector forestal e a optimizar os seus recursos. Entre estas novidades técnicas, que foron evaluadas por un xurado formado por nove expertos, a gañadora foi a Motoserra de Mochila Husqvarna 535 FBX presentada pola empresa Internaco, a cal, introducindo un novo método de traballo máis ergonómico e que require menos esforzo, permite reducir ata un 10% a frecuencia cardíaca do usuario no momento de traballo grazas a  que o seu arnés incorpora un soporte elástico que posibilita unha altura correcta de corte e a reducción da carga laboral.

O certame contou tamén cun interesante programa de xornadas técnicas e de formación, no cal participaron unha vintena de profesionais relacionados co ámbito forestal. Na primeira delas “O sector forestal en Galicia”, tratáronse temas de gran relevancia, como a xestión sostible, aproveitamento da biomasa, repoboacións ou a importancia do monte na xestión do recurso cinexético, dándose a coñecer aspectos como que 2 dos 3 millóns de hectáreas de superficie cos que conta Galicia son terreos forestais, o que supón un 67% da extensión total da Comunidade, ou que o 95% da madeira que se corta na rexión procede de plantacións forestais.
 
Durante o transcurso de Galiforest 2010 tamén se deron a coñecer en dúas xornadas as características das certificacións PEFC E FSC, sistemas de evaluación e certificación forestal cuxo obxectivo se centra en que os montes sexan xestionados de forma responsable e que tanto propietarios como empresas do sector aposten pola sostenibilidade, así como que os consumidores sepan que coa compra dos produtos que proceden destes bosques axudan a combatir a corta ilegal e fomentan as principais funcións dos recursos forestais. Durante o seu transcurso revelouse que o 8,6% do monte español certificado como sostible está en Galicia, o que supón 109.000 hectáreas do 1.260.000 que cumplen os criterios de sostenibilidade en España.

Pola súa banda, o Cis Madeira deu a coñecer unha metodoloxía para a determinación da calidade da madeira ao longo da cadea monte industria que non afecta propiedades, integridade ou calidade final do produto. Ademais de describir a base desta tecnoloxía, aplicacións e tendencia actual a incorporala na cadea de aproveitamento, leváronse a cabo demostracións dos equipos sobre árbores en pé, troza cortada e viga.

Varias destas xornadas contaron con presenza institucional do sector, sendo o director xeral de Montes o encargado de inaugurar o encontro sobre o sector forestal galego, acto no que destacou que Galiforest supón “un proxecto conxunto que nace dentro do propio sector trasladando unha realidade”, que non é outra que a importancia cualitativa e cuantitativa de Galicia no sector forestal. Pola súa banda, a xefa de servizo de Planificación e Coordinación da Dirección Xeral de Montes, Carmen Juliani Aguado, foi a encargada de abrir as xornadas de certificación forestal sostible, facendo nas súas intervencións unha chamada a “unificar esforzos” por parte das entidades certificadoras para implantar na Comunidade esta xestión, sobre a cal considerou que “debe saír adiante”, mostrándose “convencida de que o fará” a pesar das diversas dificultades que presenta a rexión, como a súa complicada orografía ou o minifundismo.

A formación tamén tivo o seu lugar en Galiforest, celebrándose ao longo dos seus tres días diversos cursos sobre seguridade no manexo das máquinas e ferramentas forestais que causan máis accidentes. Neles 60 asistentes, dirixidos por catro monitores, formáronse en 4 apartados: manexo básico de equipos de protección e de motoserras, emprego de autocargadores e seguridade, traballos e riscos en altura con especial atención á escaleira e aos rescates, e uso e seguridade no mantemento doutras ferramentas e máquinas.  

Por outra banda, no marco de Galiforest tivo lugar unha reunión na que 8 representantes das asociacións nacionais de empresas forestais francesa, portuguesa e española definiron as liñas de colaboración e proxectos de interese común destas tres entidades. Da Asociación Nacional de Empresas Forestais (ASEMFO), de España, e da Federación Nacional de Empresarios do Territorio (EDT), de Francia, acudiron tres representantes, mentres que da Asociación Nacional de Empresas Forestais, Agrícolas e de Medio Ambiente (ANEFA), de Portugal, fixérono dous.

Con este programa paralelo Galiforest, que conta nesta edición co apoio  do Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader), convertiuse ademais de nun completo escaparate de novidades e efectiva plataforma de negocio, nun foro de coñecemento e formación para o sector.

Competicións

A programación de Galiforest tamén incluíu dúas atractivas competicións, a Gran Final da competición “Husqvarna Racing Championship” e a III Semifinal do Deporte da Madeira Stihl® Timbersports® Series", a cal será puntuable para o Campionato de España.

Na primeira o catalán Gerard Fugarolas (con 2 minutos 37 segundos e 53 centésimas) foi o gañador, converténdose no motoserrista máis rápido da Península Ibérica entre 20 finalistas de España e Portugal, mentres na segunda, dos oito participantes, a maior puntuación foi para José Riesgo, de Cudillero (Asturias), con 39 puntos, seguido dos franceses Sebastien Mauriange e Pierre Puybert, con 36 e 34 puntos respectivamente.

+ info
Fotografías de Galiforest

 

Calendario de Feiras

Semana Verde 2012
35 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

14 - 17 xuño 2012
Salimat 2012
16 Salón de Alimentación do Atlántico
14 - 17 xuño 2012
Galiforest 2012
II Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

28 - 30 xuño 2012

GandAgro 2012
II Monográfico da Gandería e a Agricultura
8 - 10  marzo 2012

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Feiras recentes

 

Turexpo Galicia 2011
II Salón Turístico de Galicia
25 - 27 marzo 2011

Cimag 2011
V Certame da Maquinaria de Forraxe
3 - 5 febreiro 2011
Semana Verde 2011
34 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

16 - 19 xuño 2011
Salimat 2011
15 Salón de Alimentación do Atlántico
16 - 19 xuño 2011
 
I Xogos Ecuestres de Galicia 2010
11 - 13 xuño 2011
Galiforest 2010
Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

24 - 26 xuño 2010

GandAgro 2010
Monográfico da Gandería e a Agricultura
4 - 6  marzo 2010


© 2011 Feira Internacional de Galicia - Avda. Recinto Feiral S/N
36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com