A Feira Internacional de Galicia e Medio Rural organizan un evento centrado nos produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas en perigo de extinción

SERÁ O 3 DE NOVEMBRO E DIRIXIRASE EXCLUSIVAMENTE A PROFESIONAIS VENCELLADOS AOS SECTORES DA HOSTALERÍA, CARNICERÍA, VENTA DELICATESSEN, TURISMO E PRENSA TÉCNICA


O vindeiro 3 de novembro a Feira Internacional de Galicia levará a cabo xunto coa Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, un evento protagonizado polos produtos alimentarios derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción.

Cunha orientación exclusivamente profesional e alto compoñente técnico, terá un aforo limitado e soamente dará cabida a persoas vencellas aos sectores da hostalería, carnicería, venta delicatessen, turismo e prensa técnica.

Este evento, celebrado por primeira vez, acollerá unha presentación destas razas galegas en risco de desaparición, na cal un técnico da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) expoñerá minuciosamente as cualidades e as características das mesmas. Por outra banda, contará con varias xornadas técnicas sobre diversos aspectos tanto destes animais como dos alimentos derivados dos mesmos conducidas polo Centro Tecnolóxico da Carne.

Unha parte importante do seu programa serán as preparacións e degustacións de pratos elaborados cos productos gastronómicos xerados por estas razas, as cales serán a cargo de profesionais da hostalería.

Por outra banda, o acto contará cunha exposición paralela de varios exemplares das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción, as bovinas Cachena, Caldelá, Frieresa, Limiá e Vianesa, o Porco Celta, a Galiña de Mos, a Cabra e Ovella Galegas e o Cabalo de Pura Raza Galega.

Boaga, Asoporcel (Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta) e Puraga (Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega) son as entidades que colaboran na organización do evento, o cal contará co apoio dos fondos Feader para a o seu desenvolvemento.

+ info:

 

Calendario de Feiras

Semana Verde 2012
35 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

14 - 17 xuño 2012
Salimat 2012
16 Salón de Alimentación do Atlántico
14 - 17 xuño 2012
Galiforest 2012
II Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

28 - 30 xuño 2012

GandAgro 2012
II Monográfico da Gandería e a Agricultura
8 - 10  marzo 2012

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Feiras recentes

 

Turexpo Galicia 2011
II Salón Turístico de Galicia
25 - 27 marzo 2011

Cimag 2011
V Certame da Maquinaria de Forraxe
3 - 5 febreiro 2011
Semana Verde 2011
34 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

16 - 19 xuño 2011
Salimat 2011
15 Salón de Alimentación do Atlántico
16 - 19 xuño 2011
 
I Xogos Ecuestres de Galicia 2010
11 - 13 xuño 2011
Galiforest 2010
Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

24 - 26 xuño 2010

GandAgro 2010
Monográfico da Gandería e a Agricultura
4 - 6  marzo 2010


© 2012 Feira Internacional de Galicia - Avda. Recinto Feiral S/N
36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com