Será no XVII Monográfico de Gando Porcino, que terá lugar no marco do certame o día 9 de marzo
- O DIRECTOR XERAL DE PRODUCIÓN AGROPECUARIA DA XUNTA DE GALICIA, UN VETERINARIO DE OPTIMA PORK PRODUCTION E O DIRECTOR ADXUNTO DE ANPROGAPOR SERÁN OS EXPERTOS QUE CONDUZAN AS PONENCIAS E COLOQUIOS
Será no XVII Monográfico de Gando Porcino, que terá lugar no marco do certame o día 9 de marzo, donde se debatan estes aspectos. Así, na primeira charla-coloquio Miguel Ángel Hilgura Pascual, director adxunto de Anprogapor (Asociación Nacional de Productores de Ganado Porcino) desenvolverá a ponencia “O futuro do sector porcino a análise. Retos a afrontar a medio e longo prazo”, desgranando a folla de ruta trazada para a implantación da normativa de benestar animal 2013 e as perspectivas do sector en canto á relación prezo da carne/costes de produción.
Así mesmo, na segunda intervención o director xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural, José Álvarez Robledo, será o encargado de facer unha “Análise sectorial do porcino galego”.
Dentro deste foro organizado pola ADS de Porcino de Silleda, tratarase tamén a “Importancia do peso ao nacemento en porcas hiperprolíficas”, tema que expoñerá o veterinario asesor e coordinador de Optima Pork Production, Joan Sanmartín Suñer.
Punto de encontro do sector porcino
Por outra banda, o porcino será tamén protagonista dunha xornada que se celebrará o 8 de marzo no salón. Organizada por Pfizer coa colaboración da ADS Porcino de Silleda e a Fundación Semana Verde de Galicia, centrarase nas “Necropsias de Porcino” e constará dunha parte teórica e outra práctica.
Monográfico e xornada uniranse á parte expositiva do certame centrada no gando porcino para converter a GandAgro 2012 nun importante punto de encontro para os diversos axentes deste sector.
+ info:







