Turexpo Galicia clausura a súa segunda edición tras recibir 6.000 visitantes e celebrar 4.500 reunións de negocio

A Bolsa de Contratación deste certame, a maior do sector turístico organizada ata o momento en Galicia, contou con 89 turoperadores internacionais e 20 nacionais


• O CERTAME FOI INAUGURADO O PASADO VENRES POLO CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO, QUEN O CALIFICOU DE “EXCELENTE PLATAFORMA DE CONTRATACIÓN”, E CONTOU HOXE COA VISITA DA SECRETARIA XERAL PARA O TURISMO
• XORNADAS TÉCNICAS SOBRE AS REDES SOCIAIS NA PROMOCIÓN DO TURISMO OU A EFICIENCIA ENERXÉTICA NOS HOTEIS, PRESENTACIÓNS DE PROXECTOS TURÍSTICOS GALEGOS E HOTEIS SOSTIBLES, ACTIVIDADES DE TURISMO ACTIVO E DEGUSTACIÓNS, FORMARON PARTE DO PROGRAMA

Silleda, 27 de marzo de 2011.-  A falta dunha hora para pechar as súas portas, Turexpo Galicia 2011 recibira a visita de 6.000 persoas que pasaron polo recinto Feira Internacional de Galicia para asistir á segunda edición dun salón turístico que constituiu durante tres días unha plataforma de negocio e punto de encontro para os profesionais do turismo, así como un escaparate de propostas  e destinos para os visitantes que buscaban planificar as súas vacacións.

Proba do valor deste certame como espazo de intercambio comercial foi a súa Bolsa de Contratación Turística, na cal se celebraron finalmente 4.500 reunións de negocio (ás 3.500 axendadas sumáronse 1.000 encontros máis que se produciron nos espazos de tempo libres dos participantes), entre os expositores do salón e 109 turoperadores de 22 países.

Do total de operadores presentes 89 foron internacionais (inicialmente estaban confirmados 90, pero a última hora non puido asistir o maiorista procedente do Xapón por problemas derivados do terremoto que sufriu este país) procedentes de Alemaña, Arxentina, Austria, Brasil,  Bulgaria, China, Dinamarca, EE.UU, Finlandia, Holanda, Irlanda, Islandia, Italia, México, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rusia e Uruguai. En canto aos nacionais, os 20 restantes, son orixinarios de Asturias, Málaga, Madrid, Sevilla, Barcelona, Cáceres, Salamanca e Pontevedra. Todos eles converten á Bolsa de Turexpo na maior do sector turístico organizada ata o momento en Galicia, a cal contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Turismo, do Igape e Turespaña.

Para garantizar a efectividades dos encontros, estes foron establecidos en función dos intereses das dúas partes e contaron coa presenza de 40 tradutores que permitiron a comunicación naqueles casos nos que os interlocutores non falaban o mesmo idioma.

Unha vez rematadas as reunións de negocio, a partir do sábado pola tarde, os turoperadores realizaron viaxes de familiarizados (fam trips) para reforzar as propostas que lles foron mostradas na Bolsa e darlles a coñecer o potencial de Galicia, estando programadas tres viaxes, unha centrada en Rías Baixas-Salnés, outra en Ribeira Sacra-Cañóns do Sil e unha terceira en Rías Baixas-Vigo-Baixo Miño-Portugal.

O certame, que contou con 232 firmas expositoras, das cales 90 foron expositores directos e 142 indirectos, foi inaugurada o pasado venres polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, que afirmou que o salón “está chamado a ser un importante lugar de encontro, promoción e negocio para o sector turístico de Galicia” e calificouno de “espazo de converxencia” e “excelente plataforma de contratación das nosas propostas e destinos”. No acto estivo acompañado da alcaldesa de Silleda, Ofelia Rey, e da directora da Feira Internacional de Galicia e Fundación Semana Verde, Paloma Hidalgo, quen dixo que con esta edición se deu “continuidade a un proxecto posto en marcha co obxetivo de ofrecer ao sector un espazo de intercambio comercial que favoreza acordos entre a oferta e a demanda” ao tempo que destacou que  a Bolsa “revalidou o hito acadado na pasada edición, ser a maior Bolsa de Contratación  celebrada ata o momento en Galicia”.

Presenza de 6 medios internacionais

Acorde ao seu obxectivo de promocionar aos participantes no salón a nivel internacional, Turexpo Galicia contou cun programa de prensa internacional invitada, dentro do cal acudiron ao salón xornalistas de seis medios chineses, polacos e estadounidenses para realizar reportaxes tanto do certame e os seus expositores como de Galicia, que logo difundirán nos seus países. Ferrol, Santiago, Vigo e as Comarcas de Deza, Tabeirós e O Salnés foron algúns dos lugares da comunidade que visitaron.

De China estiveron presentes a canle de televisión “China Travel Channel”, a de maior audiencia das especializadas en turismo no país, e as publicacións City Traveler, Story e Hurun Report. De Polonia acudiu unha xornalista da sección de turismo da  “Wirtualna Polska”, o maior portal polaco de contidos multimedia, e de Estados Unidos outra xornalista que escribe para o portal “Go Nomad”, adicado exclusivamente a viaxes.

Foro de debate e coñecemento

No marco do salón, dirixido o seu primeiro día e medio aos profesionais do sector e aberto ao público xeral a partir da tarde do sábado, tiveron lugar diversas actividades que, ademais de complementar a área expositiva e a Bolsa de Contratación, reforzaron o carácter de Turexpo como foro de debate e coñecemento para o sector.

Proba diso é que se celebraron xornadas de gran interese para os profesionais. Na primeira delas, “Eficiencia enerxética en establecementos hoteleiros”, José Ángel Abad, xefe da Unidade de Industria do Inega, detallou a situación actual do sector e caracterizou os tipos de consumo nun hotel, dando a coñecer que nestes establecementos a enerxía ocupa o segundo lugar na estrutura de custos despois do persoal, ascendendo a un gasto medio de 115.735€ anuais. Así mesmo, tras dar a coñecer estes datos, explicou como mellorar a eficiencia enerxética mediante determinadas actuacións, as cales poden supoñer un aforro enerxético medio do 29% do total da enerxía consumida, o que en termos económicos se traduce nun aforro de 31.749€ ao ano.

 Xa o segundo día, baixo o titulo “Integración do Marketing en medios sociais no sector turístico”, David Pozo Mouriño, socio fundador e director creativo executivo de El Colectivo Wiley, desgranou a relación entre turismo e internet, a integración das redes sociais nas estratexias de promoció deste sector e as posibilidades que lle ofrecen as últimas ferramentas dixitais basadas na localización da posición do usuario. Durante o transcurso da súa intervención deu a coñecer que o 85% dos internautas emprega redes sociais e que deles o 70% fíanse das opinións doutros usuarios que empregan estes medios. Tendo en conta estas cifras, este experto resaltou a importancia de introducir as redes sociais nas estratexias de comunicación no sector do turismo, ao tempo que deu a coñecer as características e utilidade dalgunhas das máis importantes. Así mesmo, nunha segunda parte da xornada explicou casos de éxito no emprego das redes sociais e impartiu talleres nos que se puxeron en práctica estas ferramentas para familiariza aos profesionais asistentes.

Por outra banda, o programa acolleu diversas presentacións, como as que realizaron dúas técnicas do Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural), centradas en dous novos proxectos turísticos galegos. Estes foron “Camiño dos sabores de Galicia”, o cal pretende establecer rutas agroalimentaria en torno a catro produtos galegos con Denominacións de Orixe, e “Rutas do viño da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, un produto turístico organizado baixo o eixo temático do viño.

Así mesmo, no marco de Turexpo Galicia o presidente da empresa ASEHS-AIDETUR, Jesús Felipe Gallego, presentou o proxecto “Hoteis Sostibles”. Durante a súa intervención fixo fincapé en que concienciar aos profesionais de que a calidade é unha obriga e non un “plus” é a clave da competitividade no sector hoteleiro, e que a sostenibilidade é un novo nivel dentro desta calidade. Neste sentido, explicou detalladamente a marca “Hoteis Sostibles”, a cal prentede agrupar a aqueles aloxamentos que queren aplicar aos seus negocios dimensións do desenvolvemento sostible e ofrecerlles unha folla de ruta para autoevaluarse a través da Norma “Hoteles Eficientes  Sostenibles” (HES®), a cal conta con 1.600 indicadores de sostenibilidade.

Así mesmo, tiveron lugar presentacións de diversas empresas que formaban parte da área expositiva do salón.

Por outra banda, no certame leváronse a cabo degustacións de atractivas propostas gastonómicas, tanto específicas para profesionais como dirixidas a todos os visitantes. Estes últimos puideron participar ademais en actividades de turismo activo, escalando un rocódromo ou asistindo a talleres de interpretación de mapas e de orientación.

Visitas institucionais

Esta mañá Turexpo Galicia 2011 recibiu a visita da Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, quen recorreu o salón para coñecer a oferta presente e intercambiou impresións cos expositores.

Por outra banda, o pasado xoves o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitou os traballos de montaxe do salón, ante a imposibilidade de acudir á súa inauguración por motivos de axenda.

Documentación da feira Turexpo Galicia 2011

 

Calendario de Feiras

Semana Verde 2012
35 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

14 - 17 xuño 2012
Salimat 2012
16 Salón de Alimentación do Atlántico
14 - 17 xuño 2012
Galiforest 2012
II Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

28 - 30 xuño 2012

GandAgro 2012
II Monográfico da Gandería e a Agricultura
8 - 10  marzo 2012

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Feiras recentes

 

Turexpo Galicia 2011
II Salón Turístico de Galicia
25 - 27 marzo 2011

Cimag 2011
V Certame da Maquinaria de Forraxe
3 - 5 febreiro 2011
Semana Verde 2011
34 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

16 - 19 xuño 2011
Salimat 2011
15 Salón de Alimentación do Atlántico
16 - 19 xuño 2011
 
I Xogos Ecuestres de Galicia 2010
11 - 13 xuño 2011
Galiforest 2010
Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

24 - 26 xuño 2010

GandAgro 2010
Monográfico da Gandería e a Agricultura
4 - 6  marzo 2010


© 2012 Feira Internacional de Galicia - Avda. Recinto Feiral S/N
36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com