A Feira Internacional de Galicia organizará a 2ª edición de Galiforest do 28 ao 30 de xuño de 2012

A data do certame e outros aspectos do mesmo decidíronse na primeira reunión para esta convocatoria mantida onte polo seu Comité Organizador no recinto feiral


• PARTICIPARON REPRESENTANTES DE EMPRESAS E COLECTIVOS CON GRAN PESO NO SECTOR FORESTAL
• A FEIRA VOLVERASE A CELEBRAR NUN LUGAR REAL DE TRABALLO,  O MONTE E INSTALACIÓNS DO CENTRO DE EXPERIMENTACIÓN AGROFORESTAL DE SERGUDE

Silleda, 29 de abril de 2011.- A Feira Internacional de Galicia organizará a segunda edición do seu monográfico forestal, Galiforest, do 28 al 30 de xuño de 2012. Será novamente no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, unha ubicación que se repite para revalidar o éxito que supuxo na pasada edición a súa celebración nun lugar real de traballo, un monte con fácil acceso e magníficas infraestructuras que permite demostracións en vivo.

Estas datas foron decididas na primeira reunión do Comité Organizador do certame para esta convocatoria, mantida onte  pola tarde nas instalacións do recinto feiral. A ela asistiron representantes de empresas e colectivos de gran peso no ramo forestal, así como a xefa do servizo de Planificación e Coordinación da Dirección Xeral de Montes, Carmen Juliani, quen quixo coa súa presenza amosar o apoio da Dirección Xeral a esta nova edición e formar parte activa da mesma.

Por outra banda, participaron varios membros do equipo técnico da Feira Internacional de Galicia, entre eles a súa directora xeral, Paloma Hidalgo.

No transcurso do encontro tamén se abordaron outros aspectos. Así, analizouse a edición de 2010, a cal arroxou resultados moi positivos en canto a satisfacción de expositores (un 97% manifestou nas enquisas realizadas que participará con seguridade na vindeira edición ou valorará facelo) e de visitantes (un 98% afirmou que viu cumplidos os seus obxectivos e un 92% que volverá en 2012). Ademais revisáronse e aprobáronse as novas incorporacións ao comité e presentouse o proxecto de Galiforest 2012.

Galiforest 2010

A primeira edición  deste monográfico  (celebrouse do 24 ao 26 de xuño do ano pasado) contou con 100 firmas expositoras de 14 países e máis de 100 demostracións de maquinaria en vivo. Pechou as súas portas cunha importante afluencia de visitantes, todos eles vencellados co sector forestal, e un volume de negocio estimado de 7 millóns de euros.

 

Calendario de Feiras

Semana Verde 2012
35 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

14 - 17 xuño 2012
Salimat 2012
16 Salón de Alimentación do Atlántico
14 - 17 xuño 2012
Galiforest 2012
II Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

28 - 30 xuño 2012

GandAgro 2012
II Monográfico da Gandería e a Agricultura
8 - 10  marzo 2012

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Feiras recentes

 

Turexpo Galicia 2011
II Salón Turístico de Galicia
25 - 27 marzo 2011

Cimag 2011
V Certame da Maquinaria de Forraxe
3 - 5 febreiro 2011
Semana Verde 2011
34 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

16 - 19 xuño 2011
Salimat 2011
15 Salón de Alimentación do Atlántico
16 - 19 xuño 2011
 
I Xogos Ecuestres de Galicia 2010
11 - 13 xuño 2011
Galiforest 2010
Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

24 - 26 xuño 2010

GandAgro 2010
Monográfico da Gandería e a Agricultura
4 - 6  marzo 2010


© 2012 Feira Internacional de Galicia - Avda. Recinto Feiral S/N
36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com