O Comité de GandAgro 2012 celebrou a súa primeira reunión para poñer en marcha a organización da segunda edición deste salón

Os asistentes, a espera de confirmación definitiva, barallaron como data máis probable para a súa celebración do 8 ao 10 de marzo de 2012


• PARTICIPARON REPRESENTANTES DE MOITOS DOS COLECTIVOS E EMPRESAS MÁIS IMPORTANTES DO SECTOR AGROGANDEIRO
O CERTAME, QUE NA PASADA CONVOCATORIA REUNIU A 220 FIRMAS EXPOSITORAS E REXISTROU MÁIS DE 11.000 VISITANTES, É O ÚNICO DO NOROESTE PENINSULAR ESPECIALIZADO EN GANDERÍA E AGRICULTURA

Silleda, 14 de abril de 2011.- O Comité de GandAgro 2012, II Monográfico da Gandería e a Agricultura, celebrou onte á tarde nas instalacións da Feira Internacional de Galicia a súa primeira reunión co obxectivo de iniciar a organización deste certame bienal, o único do noroeste peninsular especializado en ganadería e agricultura.

Ao encontro asistiron o presidente e a xerente da ADS de Porcino de Silleda, o presidente da Federación Galega de Porcino (Fegapor), o xerente da Asociación Galega de Fabricantes de Pensos (Agafac) e o xerente de Cogal. Tamén acudiron representantes das empresas Mapfre Agropecuaria, Delaval Equipos, Elmega, Farm Technologies Ibérica e Ofrideza/Lely e, como novas incorporacións ao comité, estiveron presentes portavoces de Rosber, Nudesa, Delagro, Pig España, Avícola de Galicia e Agroamb Prodalt. Algúns membros do comité excusaron a súa ausencia ante a imposibilidade de acudir.

Por parte da Feira Internacional de Galicia participaron varias personas da organización, encabezados pola directora xeral.

Esta asistencia reflexa o respaldo dos máximos expoñentes do mundo agrogandeiro á organización da segunda edición deste monográfico, o cal na pasada edición (do 11 ao 13 de marzo de 2010) reuniu a 220 firmas expositoras de 12 países e rexistrou 11.478 visitantes (sendo o 95% deles profesionais da gandería e a agricultura).

Do 8 ao 10 de marzo, data probable

No transcurso da reunión analizáronse os resultados da edición de 2010, os cales foron calificados como positivos polo comité, que tamén felicitou á organización polo carácter profesional da feira, calificándoo como fundamental e como un logro. Así mesmo, revisáronse e aprobáronse as novas incorporacións ao comité e presentouse o proxecto para GandAgro 2012. Dentro deste último, un dos asuntos que centrou o encontro foi a data para a súa celebración, barallándose como probable a do 8 ao 10 de marzo.

Proximamente confirmarase a data e iniciaranse a promoción do certame entre os potenciales expositores do mesmo.

 

Calendario de Feiras

Semana Verde 2012
35 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

14 - 17 xuño 2012
Salimat 2012
16 Salón de Alimentación do Atlántico
14 - 17 xuño 2012
Galiforest 2012
II Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

28 - 30 xuño 2012

GandAgro 2012
II Monográfico da Gandería e a Agricultura
8 - 10  marzo 2012

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Feiras recentes

 

Turexpo Galicia 2011
II Salón Turístico de Galicia
25 - 27 marzo 2011

Cimag 2011
V Certame da Maquinaria de Forraxe
3 - 5 febreiro 2011
Semana Verde 2011
34 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

16 - 19 xuño 2011
Salimat 2011
15 Salón de Alimentación do Atlántico
16 - 19 xuño 2011
 
I Xogos Ecuestres de Galicia 2010
11 - 13 xuño 2011
Galiforest 2010
Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

24 - 26 xuño 2010

GandAgro 2010
Monográfico da Gandería e a Agricultura
4 - 6  marzo 2010


© 2012 Feira Internacional de Galicia - Avda. Recinto Feiral S/N
36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com