O sector forestal amosou onte o seu respaldo ao monográfico Galiforest na reunión do seu comité organizador

15 representantes de importantes colectivos e empresas rexionais e nacionais asistiron ao encontro, presidido polo director xeral de Montes


• O ENCONTRO CENTROUSE NA POSTA EN MARCHA DA COMERCIALIZACIÓN E A PROMOCIÓN DO CERTAME, ASÍ COMO NA PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Silleda, 19 de outubro de 2011.- O Comité do II Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2012, reuniuse onte pola tarde nas instalacións do recinto Feira Internacional de Galicia, entidade xestora do evento, para avanzar na organización deste certame, que terá lugar do 28 ao 30 de xuño no monte e instalacións do Centro de Experimentación Agroforestal de Sergude, en Boqueixón.

Á reunión acudiu o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas, presidente do Comité Organizador, quen destacou os bos resultados da pasada convocatoria e confirmou que a Consellería “segue a apoiar esta feira e fará todo o posible para que a próxima edición volva ser un éxito”

O director xeral estivo acompañado por 15 representantes de importantes asociacións, entidades e empresas do sector a nivel rexional e nacional, unha participación que reflexa o respaldo dos máximos expoñentes do mundo forestal á Feira Internacional de Galicia na organización deste monográfico profesional celebrado nun lugar real de traballo. Disculparon a súa ausencia varios membros do Comité que non puideron acudir pero que apoian firmemente o certame e están a colaborar activamente na súa organización.

Entre os asistentes estiveron os presidentes da Asociación  Profesional Galega de Selvicultores (SILVANUS) e da Asociación Forestal Frouma, así como os secretarios da Asociación Sectorial Forestal Galega e da Confederación  Galega de Empresarios da Madeira (CONFEMADERA GALICIA). Tamén quixeron participar na definición de Galiforest 2012 membros doutras entidades, como os directores do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, do Centro de Investigación Forestal de Lourizán e da Escola de Capataces de Lourizán, ademais da xerente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia e un representante de Certificación Forestal Paneuropea (PEFC Galicia).

Por outra banda, acudiron á reunión diversos cargos dalgunhas das empresas máis representativas do ramo forestal, como Hitraf, Agroteibe, Severino Rial Botana, Maquinaria Agrícola Cancela, Grupo Villapol e Naturgalia

Por parte da Feira Internacional de Galicia estiveron presentes varios membros da organización, encabezados pola directora, Paloma Hidalgo.

Comercialización, promoción e actividades

Este encontro do Comité Organizador estivo centrado principalmente no inicio do proceso comercializador do monográfico e as accións que xa se están a levar a cabo neste sentido, así como no plan de promoción que está a piques de comezar.

Por outra banda, plantexáronse diversas propostas sobre as actividades que se celebrarán de forma paralela á exposición comercial, as cales se concretarán en vindeiras datas e contarán coa implicación de todos os membros do Comité co obxectivo de conformar un atractivo programa destinado aos profesionais do sector.

+ info:

 

Calendario de Feiras

Semana Verde 2012
35 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

14 - 17 xuño 2012
Salimat 2012
16 Salón de Alimentación do Atlántico
14 - 17 xuño 2012
Galiforest 2012
II Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

28 - 30 xuño 2012

GandAgro 2012
II Monográfico da Gandería e a Agricultura
8 - 10  marzo 2012

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Feiras recentes

 

Turexpo Galicia 2011
II Salón Turístico de Galicia
25 - 27 marzo 2011

Cimag 2011
V Certame da Maquinaria de Forraxe
3 - 5 febreiro 2011
Semana Verde 2011
34 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

16 - 19 xuño 2011
Salimat 2011
15 Salón de Alimentación do Atlántico
16 - 19 xuño 2011
 
I Xogos Ecuestres de Galicia 2010
11 - 13 xuño 2011
Galiforest 2010
Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

24 - 26 xuño 2010

GandAgro 2010
Monográfico da Gandería e a Agricultura
4 - 6  marzo 2010


© 2012 Feira Internacional de Galicia - Avda. Recinto Feiral S/N
36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com