O sector porcino analizará en GandAgro 2012 a súa situación actual e os seus retos de futuro

Será no XVII Monográfico de Gando Porcino, que terá lugar no marco do certame o día 9 de marzo


  • O DIRECTOR XERAL DE PRODUCIÓN AGROPECUARIA DA XUNTA DE GALICIA, UN VETERINARIO DE OPTIMA PORK PRODUCTION E O DIRECTOR ADXUNTO DE ANPROGAPOR SERÁN OS EXPERTOS QUE CONDUZAN AS PONENCIAS E COLOQUIOS
O sector porcino analizará a súa situación actual e os seus retos de futuro no II Monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, o cal se celebrará do 8 ao 10 de marzo no recinto Feira Internacional de Galicia.

Será no XVII Monográfico de Gando Porcino, que terá lugar no marco do certame o día 9 de marzo, donde se debatan estes aspectos. Así, na primeira charla-coloquio Miguel Ángel Hilgura Pascual, director adxunto de Anprogapor (Asociación Nacional de Productores de Ganado Porcino) desenvolverá a ponencia “O futuro do sector porcino a análise. Retos a afrontar a medio e longo prazo”, desgranando a folla de ruta trazada para a implantación da normativa de benestar animal 2013 e as perspectivas do sector en canto á relación prezo da carne/costes de produción.

Así mesmo, na segunda intervención o director xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural, José Álvarez Robledo, será o encargado de facer unha “Análise sectorial do porcino galego”.

Dentro deste foro organizado pola ADS de Porcino de Silleda, tratarase tamén a “Importancia do peso ao nacemento en porcas hiperprolíficas”, tema que expoñerá o veterinario asesor e coordinador de Optima Pork Production, Joan Sanmartín Suñer.

Punto de encontro do sector porcino

Por outra banda, o porcino será tamén protagonista dunha xornada que se celebrará o 8 de marzo no salón. Organizada por Pfizer coa colaboración da ADS Porcino de Silleda e a Fundación Semana Verde de Galicia, centrarase nas “Necropsias de Porcino” e constará dunha parte teórica e outra práctica.

Monográfico e xornada uniranse á parte expositiva do certame centrada no gando porcino para converter a GandAgro 2012  nun importante punto de encontro para os diversos axentes deste sector.

+ info:

 

Calendario de Feiras

Semana Verde 2012
35 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

14 - 17 xuño 2012
Salimat 2012
16 Salón de Alimentación do Atlántico
14 - 17 xuño 2012
Galiforest 2012
II Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

28 - 30 xuño 2012

GandAgro 2012
II Monográfico da Gandería e a Agricultura
8 - 10  marzo 2012

Feira Internacional de Galicia poderá introducir modificacións ao programa feiral contido neste calendario.
Chamar ao 986 577000 para confirmar datas.

Feiras recentes

 

Turexpo Galicia 2011
II Salón Turístico de Galicia
25 - 27 marzo 2011

Cimag 2011
V Certame da Maquinaria de Forraxe
3 - 5 febreiro 2011
Semana Verde 2011
34 Feira Internacional Semana
Verde de Galicia

16 - 19 xuño 2011
Salimat 2011
15 Salón de Alimentación do Atlántico
16 - 19 xuño 2011
 
I Xogos Ecuestres de Galicia 2010
11 - 13 xuño 2011
Galiforest 2010
Monográfico Forestal Internacional
para o sur de Europa

24 - 26 xuño 2010

GandAgro 2010
Monográfico da Gandería e a Agricultura
4 - 6  marzo 2010


© 2012 Feira Internacional de Galicia - Avda. Recinto Feiral S/N
36540 Silleda - Pontevedra - España
Tfno (34) 986 577000 - Fax (34) 986580865 - Email: info@feiragalicia.com