Estamos de celebración, a Feira Abanca Semana Verde de Galicia conmemora o seu 40 ANIVERSARIO.

40 Aniversario da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

A maior feira de mostras e lecer do noroeste cumpre catro décadas como espazo de referencia para innumerables sectores e empresas polo seu gran valor como ferramienta comercial.
E faino cunha edición na que seguirá fortalecendo a súa exposición e o seu programa con maior cantidade de firmas e novas actividades ... para ofrecer as seus expositores e ao público unha cita excepcional.
Unha propsta coa que quere superar unhas cifras que xa destacaron polo seu crecemento na pasada edición:

- 590 expositores directos (un 18% máis que no 2015)
- 77.904 m² ocupados polo certame (un 10% máis)
- 170 actividades distintas (un 13% máis)
- Unha afluencia que sobrepasou amplamente os 100.000 visitantes, mellorando a da última convocatoria.

+ info
pav salimat
 
Salimat Abanca

Nesta nova cita Salimat ABANCA suma aos seus máis de 20 anos de experiencia unha forte aposta por potenciar o seu valor como ferramenta xeradora de negocio

+ info 
turexpo4
Turexpo Galicia

O sétimo Salón Turístico de Galicia, xunto á súa área de exposición, conta coa súa recoñecida Bolsa de Contratación Turística.

+ info
 
fecap
 
Fecap Abanca

Chega á súa cuarta edición cunha proposta na que exposición e programa fortalécense para crear unha cita con indiscutible atractivo.

+ info
festur2
Festur

Celebra a súa tercera edición como espazo de encontro das festas de interese turístico galegas.

+ info

 

Multitude de actividades para tódolos públicos.

 

Participa no noso 40 ANIVERSARIO. Sorprenderémoste!


- Para as empresas ... temos a mellor opción para estar presente con stand: Como ser expositor

- Para o público ... crearemos unha inmellorable proposta que conxuga unha gran área expositiva e un completo programa lúdico.

 
 
 

Style Selector

Layout Style

Background Image