Andadura Galega - I Xogos Ecuestres de Galicia

ANDADURA GALEGA NAS SÚAS 2 MODALIDADES - serrada e chapeada – (sábado) - I XOGOS ECUESTRES DE GALICIA:

A proba será puntuable para o Campionato de Galicia.

A andadura nas súas distintas modalidades é un aire de cabalo tipicamente galego, onde o équido adquire un ritmo de paso moi rápido ideal para os desprazamentos dun pobo a outro, utilizado polos nosos antepasados. É un andar moi similar ao paso-fino que se adoita practicar nalgúns países suramericanos.

Seguida por moitos afeccionados, nesta proba poderíanse reunir até 50 participantes buscando a clasificación para o Campionato de Galicia, ao ser esta puntuable.  

Ao ser puntuable para o Campionato de Galicia, reunirá tanto aqueles que busquen a clasificación, como a outros afeccionados que desexen medir o seu potencial hípico fronte aos mellores. A proba realízase nas modalidades de andadura serrada e chapeada.