SALTO (Venres, sábado e domingo)
Trátase dunha proba na que se xuzga ao conxunto xinete-cabalo baixo diversas condicións durante un percorrido de obstáculos.
É unha proba destinada a demostrar no cabalo a súa franqueza, potencia, velocidade, destreza e respecto ao obstáculo, e no xinete a calidade da súa equitación. Si o binomio comete determinadas faltas, derribas, rehúses, de tempo, etc. incorre en penalizacións (o vencedor da proba é o binomio que sume menos).
Estes Concursos son a estrela da Feira Internacional Semana Verde de Galicia e cita ineludible para miles de persoas que se congregan en torno ao Ring Principal da Feira, converténdoa no escaparate das mellores competicións deportivas nacionais e internacionais.
O Salto de Obstáculos é unha das modalidades deportivas que conta con máis experiencia neste Recinto:
* En 2006, o Concurso Nacional de Saltos 2** reuniu 126 cabalos con participantes de España e Portugal.
* En 2007, o Concurso Nacional de Saltos 2** reuniu a 123 cabalos con participación de Portugal.
* En 2009, o Concurso Nacional de Saltos 1* reuniu a 83 cabalos de España e Portugal.
Para 2010, prevese a participación de entre 125 e 130 cabalos aproximadamente. Todos eles provenientes de clubs galegos que practican esta modalidade, entre os cales asistirán xinetes de gran experiencia en categoría internacional, xinetes internacionais portugueses e participantes de renome de Asturias e Castela-León.






