Celebrarase o Campionato Galego de Raid Hípico e a Proba Nacional de Raid (categoría 1 estrela)
Esta disciplina de Raid, é unha proba destinada a comprobar a competencia e aptitude do xinete para controlar a resistencia e condición física do seu cabalo durante o desenvolvemento da carreira, en relación co chan, a distancia, o clima, o terreo e o cronómetro para iso deberá completar unhas distancias de acordo á categoría do concurso.
O xinete, para lograr este obxectivo, deberá ser capaz de sacar o máximo rendemento do seu cabalo, utilizando os distintos e adecuados aires de marcha en cada momento do percorrido de campo.
O Campionato Galego de Raid correrase ao nivel de 1 estrela, tendo que realizar o xinete e a súa montura unha distancia aproximada de 90km.
A Proba Nacional de Raid (1 estrela) enmarca á súa vez 4 probas, ofrecendo opcións a aqueles binomios que aínda non alcanzaron un nivel para afrontar os esforzos esixidos pola distancia de categorías superiores. Correranse as categorías de CEN 0* (80km), CET-P (60km), CET-P (40km), CET-P (20km).





