Polo seu alto nivel de competitividade e a súa novidade, están a promover a participación de xinetes e cabalos tanto da élite hípica galega como de moitas outras Comunidades españolas, servindo de trampolín para presentar as súas novas adquisicións e promesas.
Está garantida a asistencia a este evento dun público moi numeroso. Ao que asiste habitualmente á Semana Verde (a pasada edición preto de 60.000 persoas), que demostrou ser fiel ás actividades hípicas, uniranse outros profesionais e afeccionados ao mundo ecuestre atraídos especificamente polos I Xogos Ecuestres de Galicia.
Estes Xogos converteranse, sen dúbida, nun gran impulso para a afección e promoción da hípica galega e nun espazo promocional ideal para calquera produto que desexe chegar a unha gran masa de público.






