- 05.06.2022
A FERIA VOLVEU CONTAR NESTA EDICIÓN CUN SISTEMA DE CÁMARAS CON SOFTWARE INTELIXENTE SITUADAS NAS ENTRADAS DO RECINTO PARA CALCULAR AS CIFRAS TOTAIS DE
A 44ª edición da Feira Internacional ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA será outro ano máis a Feira de Galicia, e converterase de novo no maior certame multisectorial e de lecer de todo o noroeste peninsular, co respaldo dos miles e miles de visitantes que encherán o recinto.
Volverá representar unha oportunidade única para que empresas, organismos, institucións e colectivos poidan xerar negocio, achegarse ao público e vincularse a el, reforzar o seu posicionamento e aumentar a súa visibilidade, promocionar e difundir a súa actividade, establecer alianzas e buscar colaboradores, etc.
Un certame que aposta desde hai máis de 40 anos por ser un fiel reflexo da comunidade galega e da impresionante evolución que toda a cadea de valor do sector primario experimentou, e que evolucionou incorporando novas propostas de lecer e novos sectores que non fixeron máis que enriquecer e consolidar o certame.
2 - 5 de xuño 2022.
Entrada gratuíta.
Xoves e venres, preferentemente profesional
Feira Internacional de Galicia.
Abanca - Silleda
(preto de Santiago de Compostela – España).
Entrada gratuíta.
Xoves e venres de 10:00 a 20:00 h.
Fin de semana de 10:00 a 21:00 h.
Un escaparate perfecto no que terán cabida tódolos axentes destacados do sector: