{"id":2868,"date":"2022-06-02T18:31:08","date_gmt":"2022-06-02T18:31:08","guid":{"rendered":"https:\/\/www.semanaverde.es\/2022\/diego-calvo-ensalza-la-feria-abanca-semana-verde-como-compendio-de-tradicion-y-renovacion-para-dar-a-conocer-una-galicia-emprendedora-y-de-vanguardia\/"},"modified":"2022-06-02T18:33:05","modified_gmt":"2022-06-02T18:33:05","slug":"diego-calvo-ensalza-la-feria-abanca-semana-verde-como-compendio-de-tradicion-y-renovacion-para-dar-a-conocer-una-galicia-emprendedora-y-de-vanguardia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.semanaverde.es\/gl\/diego-calvo-ensalza-la-feria-abanca-semana-verde-como-compendio-de-tradicion-y-renovacion-para-dar-a-conocer-una-galicia-emprendedora-y-de-vanguardia\/","title":{"rendered":"Diego Calvo enxalza a Feira Abanca Semana Verde como compendio de tradici\u00f3n e renovaci\u00f3n para dar a co\u00f1ecer unha Galicia emprendedora e de vangarda"},"content":{"rendered":"
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompa\u00f1ado da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, \u00c1nxeles V\u00e1zquez, presidiu hoxe a inauguraci\u00f3n da 44\u00ba edici\u00f3n da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, \u00e1 que cualificou como un compendio de tradici\u00f3n e renovaci\u00f3n \u201cpara dar a co\u00f1ecer unha Galicia emprendedora e de vangarda\u201d.<\/p>\n
Ao acto acudiron tam\u00e9n, entre outros, a directora xeral de Administraci\u00f3n Local, Natalia Prieto; o director xeral de Gander\u00eda, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Jos\u00e9 Balseiros, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Lu\u00eds L\u00f3pez.<\/p>\n
A feira, que se estender\u00e1 ata o domingo 5 de xu\u00f1o, aspira a bater o r\u00e9cord de asistencia acadado na edici\u00f3n do ano 2019, cando reuniu a 128.066 visitantes. De feito, recobrouse o 95% dos expositores, o que confirma a recuperaci\u00f3n dun evento que non se puido celebrar no 2020 por mor da pandemia pero que xa o ano pasado acadou os 57.000 visitantes. As expectativas creadas ve\u00f1en avaladas pola presencia de preto de 700 expositores de nove pa\u00edses e a programaci\u00f3n de m\u00e1is de 200 actividades.<\/p>\n
Diego Calvo amosouse convencido de que a volta \u00e1 normalidade da m\u00e1is famosa das feiras multisectoriais galegas \u00e9 unha proba da s\u00faa puxanza e vitalidade. \u201cConxuga tradici\u00f3n e renovaci\u00f3n, xa que foi un evento punteiro para dar a co\u00f1ecer no pasado o mellor do sector primario e que cos anos foi quen de adaptarse aos novos tempos ata converterse nun fabuloso escaparate do mellor de Galicia\u201d. Ao entender do vicepresidente segundo, na feira de Silleda d\u00e1se cita \u201ca Galicia emprendedora e de vangarda baixo o selo de calidade\u201d.<\/p>\n
Xuntos cos stands tradicionais en torno ao sector primario de Galicia e a toda a cadea de valor da s\u00faa agricultura e gander\u00eda, a Semana Verde incl\u00fae feiras xa consolidadas como o Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico (Salimat Abanca), o Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia (Turexpo Galicia), a Feira de Festas de Interese Tur\u00edstico (Festur) e a Feira de Caza, Pesca e Natureza (Fecap Abanca).\u00a0Estas ofertas complementarias est\u00e1n a acadar tam\u00e9n unha gran proxecci\u00f3n, xa que tanto en Salimat Abanca como en Turexpo Galicia estase a superar nun 9% o n\u00famero de expositores da edici\u00f3n do 2019, con cifras r\u00e9cord tanto en superficie ocupada como en stands.<\/p>\n
Desenvolvida nun recinto de m\u00e1is de 400.000 m2 <\/sup>desuperficie, a Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia \u00e9 o principal punto de referencia expositiva do noroeste peninsular, cun dese\u00f1o vers\u00e1til que permite que, ademais das feiras profesionais, coincidan na cita unha morea de actividades de ocio, deportivas a gastron\u00f3micas, con certames ecuestres e caninos, concursos gandeiros, competici\u00f3ns deportivas e un amplo abano de ofertas para desfrute dos asistentes. A s\u00faa evoluci\u00f3n nos \u00faltimos anos foi moi positiva e practicamente duplicou o n\u00famero de expositores, metros cadrados e visitantes.<\/p>\n O vicepresidente segundo agradeceu o apoio co que recolleu o relevo da presidencia da Fundaci\u00f3n Semana Verde e amosouse convencido de que \u00e1 feira multisectorial lle esperan anos de \u00e9xito e proxecci\u00f3n coincidindo co pulo internacional que est\u00e1 a ter Galicia da man do Xacobeo. \u201cO Cami\u00f1o de Santiago \u00e9 o mellor escaparate de Galicia, e a Semana Verde de Silleda, o mellor exemplo do que son capaces de facer os galegos\u201d, asegurou.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" O vicepresidente segundo da Xunta, acompa\u00f1ado da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, \u00c1nxeles V\u00e1zquez, presidiu hoxe a inauguraci\u00f3n da 44\u00aa edici\u00f3n da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que aspira a bater o seu propio r\u00e9cord de asistencia Ademais de reunir a cadea de valor do sector primario galego, o encontro incl\u00fae … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2862,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-2868","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"acf":[],"yoast_head":"\n