{"id":3443,"date":"2023-06-08T18:09:15","date_gmt":"2023-06-08T18:09:15","guid":{"rendered":"https:\/\/www.semanaverde.es\/diego-calvo-destaca-la-fortaleza-de-la-feria-internacional-abanca-semana-verde-de-galicia-como-evento-multisectorial\/"},"modified":"2023-06-08T18:12:56","modified_gmt":"2023-06-08T18:12:56","slug":"diego-calvo-destaca-la-fortaleza-de-la-feria-internacional-abanca-semana-verde-de-galicia-como-evento-multisectorial","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.semanaverde.es\/gl\/diego-calvo-destaca-la-fortaleza-de-la-feria-internacional-abanca-semana-verde-de-galicia-como-evento-multisectorial\/","title":{"rendered":"Diego Calvo destaca a fortaleza da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia como evento multisectorial"},"content":{"rendered":"
Silleda (Pontevedra), 8 de xu\u00f1o de 2023.- <\/b>O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na inauguraci\u00f3n da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia nun acto que contou tam\u00e9n coa presenza do conselleiro do Medio Rural, Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez, e coa conselleira do Mar, Rosa Quintana. Na s\u00faa intervenci\u00f3n, Calvo destacou a fortaleza deste evento multisectorial que chega \u00e1 45\u00aa edici\u00f3n coa maior cifra de expositores directos dos \u00faltimos anos, con 740 distribu\u00eddos en m\u00e1is de 17.000 metros cadrados, e que medra en presenza institucional de \u00e1mbito nacional e internacional.<\/p>\n
Para o vicepresidente segundo, a potencialidade organizativa e de lox\u00edstica do recinto Feira Internacional de Galicia Abanca situado en Silleda \u00e9 unha das claves do \u00e9xito da Semana Verde, xa que a s\u00faa versatilidade permite ofrecer,\u00a0ademais das feiras profesionais, unha ampla programaci\u00f3n con actividades de ocio, deportivas e gastron\u00f3micas, certames ecuestres e caninos, e concursos gandeiros. Conv\u00e9rtese as\u00ed \u201cnun universo de co\u00f1ecemento, de experiencias e de sensaci\u00f3ns tanto para profesionais como para o p\u00fablico xeral\u201d, apuntou.<\/p>\n
Neste sentido, Diego Calvo enxalzou a capacidade de innovaci\u00f3n do evento, con arredor de 200 propostas que combinan acci\u00f3ns tradicionais que convocan cada ano un p\u00fablico fiel coas m\u00e1is innovadoras, sobre todo no sal\u00f3n de alimentaci\u00f3n e turismo. As\u00ed, sinalou a presenza de preto de 80 innovaci\u00f3ns alimentarias lanzadas ao mercado no \u00faltimo ano, como o xeado de polbo ou a marmelada de olivas e an\u00eds, entre outras.<\/p>\n
Canto \u00e1 vertente profesional, o vicepresidente segundo referiuse \u00e1s xuntanzas entre compradores alimentarios, nas que est\u00e1 previsto que participen unha trintena de representantes de 19 pa\u00edses, e\u00a0entre turoperadores, que contar\u00e1n tam\u00e9n cunha trintena de representantes con presenza en 12 pa\u00edses.<\/p>\n
Como cada ano, a Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia acolle catro sal\u00f3ns paralelos co Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico (Salimat Abanca), a Feira de caza, pesca e natureza (Fecap Abanca), o Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia (Turexpo), e a Feira de Festas de Interese Tur\u00edstico (Festur) que se converten nos mellores escaparates do car\u00e1cter punteiro galego en cada un destes sectores. A eles s\u00famanse eidos como a gander\u00eda, o enerx\u00e9tico a trav\u00e9s da biomasa, o da maquinaria agr\u00edcola ou o das mascotas. O evento prol\u00f3ngase ata o domingo 11, con acceso de balde.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
O vicepresidente segundo da Xunta participou xunto co conselleiro do Medio Rural e a conselleira do Mar na apertura da 45\u00aa edici\u00f3n O encontro, que se prolonga ata o domingo cunha ampla programaci\u00f3n, acada a maior cifra de expositores directos dos \u00faltimos anos e medra en presenza institucional Os sal\u00f3ns paralelos sobre alimentaci\u00f3n, turismo e … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3441,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-3443","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n