{"id":3662,"date":"2024-05-07T09:11:07","date_gmt":"2024-05-07T09:11:07","guid":{"rendered":"https:\/\/www.semanaverde.es\/las-competiciones-de-atletismo-y-ajedrez-de-abanca-semana-verde-vuelven-en-2024-ya-consolidadas-en-los-calendarios-de-estas-disciplinas\/"},"modified":"2024-05-07T09:14:02","modified_gmt":"2024-05-07T09:14:02","slug":"las-competiciones-de-atletismo-y-ajedrez-de-abanca-semana-verde-vuelven-en-2024-ya-consolidadas-en-los-calendarios-de-estas-disciplinas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.semanaverde.es\/gl\/las-competiciones-de-atletismo-y-ajedrez-de-abanca-semana-verde-vuelven-en-2024-ya-consolidadas-en-los-calendarios-de-estas-disciplinas\/","title":{"rendered":"As competici\u00f3ns de atletismo e xedrez de Abanca Semana Verde volven en 2024 xa consolidadas nos calendarios destas disciplinas"},"content":{"rendered":"
Silleda, 7 de maio de 2024.-<\/em><\/strong> A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal celebrar\u00e1 a s\u00faa 46\u00aa edici\u00f3n entre os d\u00edas 30 de maio e 2 de xu\u00f1o, acoller\u00e1 de novo as s\u00faas competici\u00f3ns de atletismo e xadrez, as cales xa est\u00e1n consolidadas no calendario destas d\u00faas disciplinas deportivas.<\/p>\n As\u00ed, acoller\u00e1 a IX Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia, organizada pola entidade feiral xunto coa Federaci\u00f3n Galega de Atletismo e co patrocinio de Abanca.<\/p>\n A proba dar\u00e1 comezo \u00e1s 20.00 horas do 31 de maio, inclu\u00edndo o seu percorrido unha pequena parte no recinto e o resto en zonas exteriores pr\u00f3ximas ao mesmo. Establece d\u00faas categor\u00edas, Escolar, que incl\u00fae Pitufos, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 e Sub 18; e Absoluta, con Sub 20, Sub 23, Senior, M\u00e1ster A, M\u00e1ster B, M\u00e1ster C e M\u00e1ster D. Os atletas, que poden ser federados ou non, deben inscribirse ata o 28 de maio en www.carreirasgalegas.com. O custo \u00e9 de 5\u20ac para a categor\u00eda Absoluta e gratu\u00edta para as Escolares.<\/p>\n Por outra banda, o Open de Xadrez Abanca Semana Verde de Galicia, levar\u00e1 a cabo a s\u00faa quinta edici\u00f3n. Ser\u00e1 o s\u00e1bado 1 de xu\u00f1o e contar\u00e1 con cinco categor\u00edas distintas, as cales ser\u00e1n totalmente independentes e corresponderanse con Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Absoluta.\u00a0 Xogarase con sistema su\u00edzo a 8 roldas mediante programa inform\u00e1tico homologado pola Federaci\u00f3n Internacional (4 en sesi\u00f3n matutina e 4 de tarde), co cal ning\u00fan xogador quedar\u00e1 nunca eliminado, enfront\u00e1ndose en cada rolda os xogadores da mesma puntuaci\u00f3n. Contar\u00e1 cun total de 2.000\u20ac en premios e na categor\u00eda Absoluta ser\u00e1 de novo puntuable para a clasificaci\u00f3n internacional Elo FIDE.<\/p>\n Os interesados en participar no torneo, que inaugurar\u00e1 este ano o Circu\u00edto Galego de Promoci\u00f3n, poden inscribirse no formulario oficial do evento, o cal figura en www.semanaverde.es\/Bases_Open_Xadrez.pdf<\/a>. Poder\u00e1n facelo ata o d\u00eda 30 de maio \u00e1s 20.00 horas, sendo gratu\u00edto tanto para participantes ata 16 anos como participantes con puntuaci\u00f3n a partir de 2.200 Elo, e cun custo de 10\u20ac para maiores de 16 anos que non conten con esa puntuaci\u00f3n.<\/p>\n Eventos de referencia<\/strong><\/p>\n A Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia \u00e9 xa cita obrigada para multitude de persoas de toda a Comunidade, inscrib\u00edndose na pasada edici\u00f3n m\u00e1is de 170 deportistas.<\/p>\n En canto ao Open de Xadrez, \u00e9 un evento marcado no calendario de gran cantidade de xadrecistas. Tanto \u00e9 as\u00ed que na edici\u00f3n de 2023 contou coa participaci\u00f3n de cinco Grandes Mestres, como foron o serbio Aleksa Strikovic, o espa\u00f1ol Gabriel del R\u00edo, o uzbeko Ibrahim Khamrakulov, o b\u00falgaro Vladimir Petkov e o cubano Ari\u00e1n Gonz\u00e1lez.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" A CARREIRA POPULAR CHEGA \u00c1 S\u00daA NOVENA EDICI\u00d3N E O OPEN DE XADREZ \u00c1 QUINTA, ESTANDO ABERTAS AS INSCRICI\u00d3NS PARA PARTICIPAR EN AMBAS CITAS TER\u00c1N LUGAR OS D\u00cdAS 31 DE MAIO E 1 DE XU\u00d1O Silleda, 7 de maio de 2024.- A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal celebrar\u00e1 a s\u00faa 46\u00aa … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3660,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-3662","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n