{"id":3821,"date":"2024-06-01T18:05:05","date_gmt":"2024-06-01T18:05:05","guid":{"rendered":"https:\/\/www.semanaverde.es\/chocolate-fr-meiguina-de-remourelle-y-raiana-do-couto-ganadores-del-morfologico-de-caballo-pura-raza-galega-protagonista-tambien-hoy-de-una-rapa\/"},"modified":"2024-06-01T18:07:49","modified_gmt":"2024-06-01T18:07:49","slug":"chocolate-fr-meiguina-de-remourelle-y-raiana-do-couto-ganadores-del-morfologico-de-caballo-pura-raza-galega-protagonista-tambien-hoy-de-una-rapa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.semanaverde.es\/gl\/chocolate-fr-meiguina-de-remourelle-y-raiana-do-couto-ganadores-del-morfologico-de-caballo-pura-raza-galega-protagonista-tambien-hoy-de-una-rapa\/","title":{"rendered":"Chocolate FR, Meigui\u00f1a de Remourelle e Raiana do Couto, ga\u00f1adores do Morfol\u00f3xico de cabalo Pura Raza Galega, protagonista tam\u00e9n hoxe dunha rapa"},"content":{"rendered":"
Silleda, 2 de xu\u00f1o de 2024.- <\/em><\/strong>A 46\u00aa Abanca Semana Verde de Galicia, a cal se celebra ata ma\u00f1\u00e1 no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, acolleu hoxe o XI Concurso Morfol\u00f3xico Oficial de Cabalo Pura Raza Galega.<\/p>\n Na categor\u00eda de sementais, o ga\u00f1ador foi Chocolate FR,<\/em> de Juan Fontenla, de A Estrada (Pontevedra), sendo o segundo Izar XR<\/em>, de Juan Paz de Guitiriz (Lugo) e o terceiro Alacr\u00e1<\/em>n, de Pedro Blanco, de O Valadouro (Lugo).<\/p>\n En canto a eguas, o p\u00f3dium estivo composto, de primeira a terceira, por Meigui\u00f1a de Remourelle<\/em>, de Rub\u00e9n P\u00e9rez, de A Fonsagrada (Lugo), Galaxia<\/em>, de Juan Paz, de Guitiriz, e Lenda do Couto<\/em>, de Fernando Groba, das Neves (Pontevedra).<\/p>\n Respecto a poldras, a primeira e a segunda clasificadas foron, Raiana do Couto <\/em>e Moura da Laxe<\/em>, ambas de Fernando Groba. Pola s\u00faa banda, a terceira foi Pequecha da Sousa<\/em>, de Juan Paz, de Guitiriz.<\/p>\n No concurso, organizado pola Asociaci\u00f3n de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga), participaron quince exemplares desta raza aut\u00f3ctona en perigo de extinci\u00f3n procedentes de distintas localidades galegas.<\/p>\n Exhibici\u00f3n con eguas e <\/strong>aloitadores<\/em><\/strong><\/p>\n Puraga realizou ademais esta tarde unha exhibici\u00f3n nun curro con varios grupos de aloitadores <\/em>de distintos puntos de Galicia onde se celebran rapas, os cales inmovilizaron unha por unha a varias eguas do monte seguindo t\u00e9cnicas seguras tanto para eles como para os animais para logo cortarlles as crinas e as colas. Unha actividade que se repetir\u00e1 ma\u00f1\u00e1 pola tarde e na que en ambos d\u00edas participar\u00e1n aloitadores<\/em> da \u201cRapa de Campo do Oso\u201d (Mondo\u00f1edo e A Pastoriza), da \u201cRapa de Santo Tom\u00e9\u201d (Valadouro), da \u201c Rapa Carballo Vivo\u201d (Friol) e da \u201cRapa de Cuspedri\u00f1os\u201d (Cerdedo-Cotobade), ademais dunha persoa que forma para da asociaci\u00f3n Puraga.<\/p>\n Por outra banda, tam\u00e9n con esta raza ecuestre como protagonista, pero neste caso de man da Asociaci\u00f3n Pura Raza Cabalo Galego, levouse a cabo hoxe unha exhibici\u00f3n de doma de alta escola con traballos de rendas longas p\u00e9 a terra e doma cl\u00e1sica con cabalos de Pura Raza Galega pertencente \u00e1 secci\u00f3n de doma de alta escola de Galicia \u201cDrag\u00f3ns de Santiago\u201d.<\/p>\n >> + FOTOS<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" NA COMPETICI\u00d3N PARTICIPARON QUINCE EXEMPLARES PROCEDENTES DE DISTINTOS PUNTOS DE GALICIA Silleda, 2 de xu\u00f1o de 2024.- A 46\u00aa Abanca Semana Verde de Galicia, a cal se celebra ata ma\u00f1\u00e1 no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, acolleu hoxe o XI Concurso Morfol\u00f3xico Oficial de Cabalo Pura Raza Galega. Na categor\u00eda de sementais, o ga\u00f1ador … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3819,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-3821","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n