{"id":4135,"date":"2025-05-21T09:19:25","date_gmt":"2025-05-21T09:19:25","guid":{"rendered":"https:\/\/www.semanaverde.es\/un-trepidante-programa-ecuestre-en-abanca-semana-verde-2025-desde-rapas-concursos-y-desfiles-hasta-arriesgados-shows\/"},"modified":"2025-05-21T09:21:32","modified_gmt":"2025-05-21T09:21:32","slug":"un-trepidante-programa-ecuestre-en-abanca-semana-verde-2025-desde-rapas-concursos-y-desfiles-hasta-arriesgados-shows","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.semanaverde.es\/gl\/un-trepidante-programa-ecuestre-en-abanca-semana-verde-2025-desde-rapas-concursos-y-desfiles-hasta-arriesgados-shows\/","title":{"rendered":"Un trepidante programa ecuestre en Abanca Semana Verde 2025: dende rapas, concursos e desfiles ata arriscados shows"},"content":{"rendered":"
Silleda, 21 de maio de 2025.- <\/em><\/strong>A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal celebrar\u00e1 a s\u00faa 47\u00aa edici\u00f3n do 5 ao 8 xu\u00f1o no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), volver\u00e1 contar no seu programa con interesantes actividades ecuestres.<\/p>\n En canto a cabalos de Pura Raza \u00c1rabe e organizado pola Asociaci\u00f3n Galega de Criadores de Cabalos \u00c1rabes (AGCCA), celebrarase o XII Concurso Internacional de Cabalos de Pura Raza \u00c1rabe, denominado Galician Championship E.C.A.H.O Internacional C. Nel escolleranse o Mellor Puro Exipcia femia e macho, Mellor Puro Spanish femia e macho, Mellor Poldra, Poldro, Egua e Semental nado en Galicia e exemplar nado en Galicia coa m\u00e1is alta puntuaci\u00f3n. As\u00ed mesmo, reco\u00f1ecerase a Mellor cabeza, Mellores movementos e Mellor presentador, amateur e profesional. O \u00e9quido con maior puntuaci\u00f3n ser\u00e1 merecedor do Best in Show, mentres que o mellor entre os ga\u00f1adores das distintas categor\u00edas ser\u00e1 o Campi\u00f3n Absoluto.<\/p>\n Os cabalos de Pura Razas Galega protagonizar\u00e1n tam\u00e9n interesantes propostas ecuestres. As\u00ed, tras incorporarse ao programa desta raza o ano pasado, a Asociaci\u00f3n de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga), volver\u00e1 realizarse unha rapa das bestas<\/em>. Para iso, habilitarase un curro no que varios grupos de aloitadores<\/em> de distintos puntos de Galicia onde se celebran rapas inmobilizar\u00e1n unha por unha a varias eguas do monte seguindo t\u00e9cnicas seguras tanto para eles como para os animais para logo cortarlles as crinas e as colas. De man desta asociaci\u00f3n sumarase tam\u00e9n o Concurso Morfol\u00f3xico Oficial Cabalo Pura Raza Galega, e, por primeira vez, un desfile de exemplares desta raza engalanados ao modo tradicional.<\/p>\n As\u00ed mesmo, entre estas propostas incluirase unha exhibici\u00f3n de doma de alta escola con traballos de rendas longas p\u00e9 a terra e doma cl\u00e1sica con cabalos de Pura Raza Galega pertencente \u00e1 secci\u00f3n de doma de alta escola de Galicia \u201cDrag\u00f3ns de Santiago\u201d. Actividade que ser\u00e1 copatrocinada polos fondos europeos FEADER \u201cEuropa Inviste no Rural\u201d, Ministerio de Agricultura, Xunta de Galicia e a Asociaci\u00f3n Pura Raza Cabalo Galego. De man desta \u00faltima tam\u00e9n se realizar\u00e1 o taller \u201cOs coidados do poni\u201d, o cal permitir\u00e1 aos m\u00e1is pequenos cepillar, trenzar ou pasea \u00e1 corda a ponis de razas shetland e mini shetland.<\/p>\n O show de Paco Martos<\/strong><\/p>\n Tras o gran \u00e9xito do ano pasado, o programa ecuestre de Abanca Semana Verde de Galicia acolle de novo o Paco Martos Horse Show. Un espect\u00e1culo \u00fanico no mundo no que participar\u00e1n unha vintena de animais entre os que se incluir\u00e1n cabalos e ponis, ademais de aguias e cans checoslovacos, os cales interactuar\u00e1n coa manda e co ser humano realizando magn\u00edficos exercicios en completa liberdade e deixando que mostren a beleza da s\u00faa natureza.<\/p>\n Ser\u00e1 un show baseado no absoluto respecto cara aos animais e no v\u00ednculo e a vontade do animal de colaborar co seu condutor, Paco Martos, a trav\u00e9s da comunicaci\u00f3n e a complicidade. Incluir\u00e1 varios n\u00fameros moi din\u00e1micos de doma en liberdade que combinar\u00e1n a doma de alta escola con exercicios tan arriscados como a posta h\u00fangara, na que Paco Martos subir\u00e1 a dous cabalos ao mesmo tempo cun p\u00e9 no lombo (protexido) de cada un deles.<\/p>\n Este asombroso show po\u00f1er\u00e1 o broche final ao programa de actividades da 47\u00aa edici\u00f3n da feira Abanca Semana Verde de Galicia 2025.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" FORMAR\u00c1N PARTE DAS ACTIVIDADES M\u00c1IS L\u00daDICAS DO CERTAME, O CAL SE CELEBRAR\u00c1 DO 5 AO 8 DE XU\u00d1O NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA (SILLEDA, PONTEVEDRA) Silleda, 21 de maio de 2025.- A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal celebrar\u00e1 a s\u00faa 47\u00aa edici\u00f3n do 5 ao 8 xu\u00f1o no recinto … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3969,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-4135","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n