{"id":4142,"date":"2025-05-23T11:09:14","date_gmt":"2025-05-23T11:09:14","guid":{"rendered":"https:\/\/www.semanaverde.es\/la-feria-abanca-semana-verde-2025-estrena-exhibiciones-de-skate-y-pilotos-de-stunt-para-volver-a-sorprender-con-sus-espectaculos-sobre-ruedas\/"},"modified":"2025-05-23T11:10:19","modified_gmt":"2025-05-23T11:10:19","slug":"la-feria-abanca-semana-verde-2025-estrena-exhibiciones-de-skate-y-pilotos-de-stunt-para-volver-a-sorprender-con-sus-espectaculos-sobre-ruedas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.semanaverde.es\/gl\/la-feria-abanca-semana-verde-2025-estrena-exhibiciones-de-skate-y-pilotos-de-stunt-para-volver-a-sorprender-con-sus-espectaculos-sobre-ruedas\/","title":{"rendered":"A feira Abanca Semana Verde 2025 estrea exhibici\u00f3ns de skate e pilotos de stunt para volver sorprender cos seus espect\u00e1culos sobre rodas"},"content":{"rendered":"
Silleda, 23 de maio de 2025.- <\/em><\/strong>A 47\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal ter\u00e1 lugar do 5 ao 8 de xu\u00f1o, volve sorprender co seu programa de actividades sobre rodas.<\/p>\n As\u00ed, por primeira vez, realizaranse exhibici\u00f3ns e clases de skate<\/em>, de man da escola NorthSide Skatepark Coru\u00f1a. Tanto o s\u00e1bado 7 de xu\u00f1o \u00e1s 12.00h e as 17.00h como o domingo d\u00eda 8 de xu\u00f1o \u00e1s 12.00h e as 16.00h, levaranse a cabo espectaculares demostraci\u00f3ns desta disciplina deportiva, tanto na modalidade de rampla<\/em> como de street<\/em>.<\/p>\n Nestas sesi\u00f3ns, dunha hora de duraci\u00f3n cada unha, participar\u00e1n unha decena de profesores e alumnos da escola, estando entre estes \u00faltimos alg\u00fans campi\u00f3ns e campioas galegas que non deixar\u00e1n de motivarse uns a outros durante as exhibici\u00f3ns para mostrar as s\u00faas mellores cualidades sobre o pat\u00edn.<\/p>\n Ademais, o s\u00e1bado de 18.00h a 20.00h e o domingo de 17.00h a 20.00h impartiranse clases deste deporte a todos aqueles interesados que queiran achegarse \u00e1 zona skate<\/em>.<\/p>\n Por outra banda, en canto \u00e1s actividades de motor da feira, contar\u00e1n por primeira vez co show \u201cPichu & Balles Stunt\u201d, integrado por dous dos tres \u00fanicos pilotos de stunt<\/em> en Galicia. Detr\u00e1s do nome art\u00edstico Pichu est\u00e1 \u00c1lex Sebio, un compostel\u00e1n que empezou con 14 anos a facer acrobacias co seu motor sen saber que exist\u00eda un deporte moi popular noutros pa\u00edses que se chama stuntriding<\/em> e que a d\u00eda de hoxe leva catro anos como piloto profesional. En canto a \u00d3scar Balles, \u00e9 un vigu\u00e9s que comezou tam\u00e9n a pilotar motos sendo moi novo e que dende fai dez anos xa o fai de forma profesional, conseguindo subir ao p\u00f3dium nalgunhas competici\u00f3ns auton\u00f3micas.<\/p>\n Este espect\u00e1culo iniciarase con presentaci\u00f3ns de ambos os pilotos. Por parte de Pichu mostrar\u00e1 as s\u00faas habilidades con tres veh\u00edculos, unha moto para trucos m\u00e1is t\u00e9cnicos, outra con efectos de fume e lume e tam\u00e9n un kart acondicionado cun motor de moto co que far\u00e1 drift<\/em> (sobreviraxes e derrapes), mentres que Balles farao con d\u00faas motos, unha espec\u00edfica para stunt <\/em>(acrobacias sobre motos) e outra para drift<\/em>. A continuaci\u00f3n, ambos realizar\u00e1n distintos trucos \u00e1 vez, compenetr\u00e1ndose nas s\u00faas acrobacias e manobras extremas para ofrecer un show sorprendente que \u00e9 o resultado de anos de adestramento e que para Pichu tam\u00e9n \u00e9 unha maneira de animar \u00e1 xente e transmitirlle que con esforzo e disciplina todo se pode conseguir. Unha mensaxe que tam\u00e9n lanza desde as s\u00faas redes sociais colgando v\u00eddeos das s\u00faas ca\u00eddas e a s\u00faa tenacidade para conseguir executar os seus trucos.<\/p>\n Paulo Martinho, un cl\u00e1sico con gran \u00e9xito<\/strong><\/p>\n Abanca Semana Verde 2025 tam\u00e9n acoller\u00e1 exhibici\u00f3ns de freestyle<\/em> motocr\u00f3s da man dun piloto que sempre colleita gran \u00e9xito entre o p\u00fablico, Paulo Martinho.<\/p>\n O s\u00e1bado \u00e1s 13.00 horas e o domingo tanto \u00e1s 13.00h como \u00e1s 17.00h, este pioneiro do freestyle<\/em> en Portugal volver\u00e1 sorprender con novos investidos<\/em>, cabali\u00f1os<\/em> ou queimadas de roda<\/em>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" POR PRIMEIRA VEZ REALIZARANSE DEMOSTRACI\u00d3NS E CLASES DE SKATEBORDING E TAM\u00c9N UN SHOW A CARGO DE DOUS DOS TRES \u00daNICOS PILOTOS GALEGOS QUE REALIZAN ACROBACIAS SOBRE MOTOS, O COMPOSTELANO \u00c1LEX SEBIO E O VIGU\u00c9S \u00d3SCAR BALLES ESTAS ACTIVIDADES FORMAN PARTE DO AMPLO PROGRAMA L\u00daDICO DO CERTAME, O CAL SE CELEBRAR\u00c1 DO 5 AO 8 DE … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4140,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-4142","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n