{"id":4185,"date":"2025-05-30T11:01:57","date_gmt":"2025-05-30T11:01:57","guid":{"rendered":"https:\/\/www.semanaverde.es\/el-area-ganadera-de-abanca-semana-verde-2025-crece-en-razas-novedades-y-actividades-que-incluyen-desde-concursos-y-exhibiciones-hasta-rapas-y-desfiles\/"},"modified":"2025-05-30T11:03:24","modified_gmt":"2025-05-30T11:03:24","slug":"el-area-ganadera-de-abanca-semana-verde-2025-crece-en-razas-novedades-y-actividades-que-incluyen-desde-concursos-y-exhibiciones-hasta-rapas-y-desfiles","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.semanaverde.es\/gl\/el-area-ganadera-de-abanca-semana-verde-2025-crece-en-razas-novedades-y-actividades-que-incluyen-desde-concursos-y-exhibiciones-hasta-rapas-y-desfiles\/","title":{"rendered":"A \u00e1rea gandeira de Abanca Semana Verde 2025 medra en razas, novidades e actividades que incl\u00faen dende concursos e exhibici\u00f3ns ata rapas e desfiles"},"content":{"rendered":"
Silleda, 30 de maio de 2025.- <\/em><\/strong>A 47\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal se celebrar\u00e1 entre o 5 e o 8 de xu\u00f1o, contar\u00e1 na s\u00faa \u00e1rea gandeira con multitude de actividades e novidades centradas nas razas aut\u00f3ctonas galegas.<\/p>\n En canto \u00e1s aut\u00f3ctonas de Galicia en perigo de extinci\u00f3n, estar\u00e1n presentes de man da Federaci\u00f3n de Razas Aut\u00f3ctonas de Galicia (BOAGA) e as s\u00faas asociaci\u00f3ns integradas e tam\u00e9n da Asociaci\u00f3n de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel), a Asociaci\u00f3n de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) e a Asociaci\u00f3n Pura Raza Cabalo Galego.<\/p>\n Destacar\u00e1n as s\u00faas exposici\u00f3ns e concursos morfol\u00f3xicos. As\u00ed, en canto a estes \u00faltimos, ter\u00e1n lugar o 5\u00ba Concurso da Ovella e Cabra Galegas, con m\u00e1is de 30 exemplares de nove gander\u00edas, o 8\u00ba do Porco Celta na Semana Verde, con 60 exemplares de 25 gander\u00edas, o 10\u00ba Campionato da Gali\u00f1a de Mos, que incl\u00fae o 16\u00ba Concurso Monogr\u00e1fico e a 12\u00aa Exposici\u00f3n e Concurso por lotes e que reunir\u00e1 m\u00e1is de 150 exemplares adultos, e tam\u00e9n unha nova edici\u00f3n do Concurso Morfol\u00f3xico Oficial Cabalo Pura Raza Galega de Puraga. Das bovinas celebraranse cinco competici\u00f3ns nas que participar\u00e1n m\u00e1is de 70 exemplares de 19 criadores, as cales ser\u00e1n o 12\u00ba Concurso Morfol\u00f3xico da Raza Cachena, o 11\u00ba da Vianesa, 10\u00ba da Caldel\u00e1, 9\u00ba da Limi\u00e1 e o 7\u00ba da Frieiresa. Ademais, de Gali\u00f1a de Mos haber\u00e1 de novo un mercado de aves vivas con m\u00e1is de 1.000 pitos \u00e1 venda.<\/p>\n Estas razas en perigo de extinci\u00f3n tam\u00e9n protagonizar\u00e1n outras actividades, como a exposici\u00f3n e entrega de premios do I Concurso de Fotograf\u00eda Aut\u00f3ctonas Galegas Abanca, nas que se mostrar\u00e1n e galardoar\u00e1n as mellores imaxes desta competici\u00f3n, que se celebrou o ano pasado entre todos os criadores das asociaci\u00f3ns integradas na Federaci\u00f3n de Razas Aut\u00f3ctonas de Galicia. E tam\u00e9n o I Concurso Interracial de Manexo Porcino: Porco Celta vs Gochu Asturcelta, unha actividade que pretende destacar a manexabilidade destas d\u00faas razas aut\u00f3ctonas espa\u00f1olas e difundilas entre as novas xeraci\u00f3ns. Nesta orixinal competici\u00f3n posta en marcha por Asoporcel representar\u00e1n a cada raza o pontevedr\u00e9s Anxo Calvi\u00f1o (de Vila de Cruces), que conta con 8 anos e concursar\u00e1 con Galici\u00f1a<\/em>, e a asturiana Sara Blanco (de Oviedo), de 14 anos e que estar\u00e1 acompa\u00f1ada por Ivana<\/em>.<\/p>\n Ademais, centrada no Cabalo de Pura Raza Galega, e de man de Puraga celebrarase unha rapa das bestas<\/em> con eguas de monte nun curro e a participaci\u00f3n de varios grupos de aloitadores<\/em> e, por primeira vez, un desfile de exemplares desta raza engalanados ao modo tradicional. Sumarase unha exhibici\u00f3n de doma de alta escola con traballos de rendas longas p\u00e9 a terra e doma cl\u00e1sica con cabalos de Pura Raza Galega da secci\u00f3n de doma de alta escola de Galicia \u201cDrag\u00f3ns de Santiago\u201d, copatrocinada polos fondos europeos FEADER \u201cEuropa Inviste no Rural\u201d, Ministerio de Agricultura, Xunta de Galicia e Asociaci\u00f3n Pura Raza Cabalo Galego.<\/p>\n As razas aut\u00f3ctonas galegas en perigo de extinci\u00f3n tam\u00e9n estar\u00e1n presentes no 28\u00ba Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca. Participar\u00e1n 14 produtores baixo as marcas comerciais \u201cGander\u00eda Bal\u00edn\u201d, \u201cCachenas de San Breixo\u201d, \u201cGandar\u00eda e Carnicer\u00eda Lage\u201d, \u201cGander\u00eda Tras do R\u00edo\u201d, \u201cAves do Concello\u201d, \u201cChurras da Caneira Lourdes Mulet\u201d, \u201cMontes de Boado-Manuel Teijeiro Castillo\u201d, \u201cGranxa Aeiro\u00e1\u201d, \u201cO Agro \u2013 Roberto Louz\u00e1n\u201d, \u201cGranxa Castro de Madrosende\u201d, \u201cCMF Celtaporc\u201d, \u201cCooperativa Tres Fuci\u00f1os\u201d, \u201cCeltagal\u201d e \u201cCienporCel\u201d.<\/p>\n As\u00ed mesmo, volver\u00e1 o restaurante \u201cTapirazas\u201d, onde cada d\u00eda se poder\u00e1 degustar un men\u00fa diferente a base destas razas. Brioche de pastrami afumado das razas Caldel\u00e1 e Vianesa, canel\u00f3n de bolo\u00f1esa de poldro de Pura Raza Galega ou goulash de Cachena e Frieiresa con Fabas de Lourenz\u00e1 ser\u00e1n s\u00f3 algunhas propostas, elaboradas polo coci\u00f1eiro Antonio D\u00edaz Calvo, do Restaurante AUTGA-Aut\u00f3ctonas.<\/p>\n Outras razas aut\u00f3ctonas e conferencias<\/strong><\/p>\n Por outra banda, a feira contar\u00e1 con outras razas aut\u00f3ctonas, como a Gali\u00f1a Pi\u00f1eira, que repetir\u00e1 na feira concurso monogr\u00e1fico de man da Asociaci\u00f3n Galega da Gali\u00f1a Pi\u00f1eira (Agalpi), e tam\u00e9n o Can de Palleiro, cuxo Club celebrar\u00e1 un Monogr\u00e1fico e entregar\u00e1 o seu \u201cPalleiro de Honra\u201d, entre outras propostas.\u00a0 As\u00ed mesmo, estar\u00e1 a Rubia Galega, cunha ampla exposici\u00f3n organizada pola Asociaci\u00f3n Nacional de Criadores de Gando Vac\u00fan Selecto de Raza Rubia Galega (Acruga).<\/p>\n Ademais, Feuga organizar\u00e1 a xornada \u201cEvento Geronimo Stakeholder 2025\u201d, na que se presentar\u00e1 a epixen\u00e9tica na cr\u00eda de animais e expo\u00f1eranse experiencias de criadores locais baixo aspectos como recuperaci\u00f3n de razas aut\u00f3ctonas espa\u00f1olas e galegas, a cr\u00f3nica da pegada do Porco Celta en Galicia ou \u201cBio4trace\u201d, biotecnolox\u00eda para a rastrexabilidade e a selecci\u00f3n xen\u00e9rica en razas minoritarias espa\u00f1olas.<\/p>\n Unha ampla mostra ovina e caprina, outra novidade<\/strong><\/p>\n Outra das novidades desta edici\u00f3n ser\u00e1 unha ampla mostra de ovino selecto da Asociaci\u00f3n de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), cunha vintena de exemplares. Poderanse ver ovellas Texel Azul e Texel Negra, que derivan da Texel e son orixinaria da illa do mesmo nome, situada en Pa\u00edses Baixos, sendo animais apreciados tanto para produci\u00f3n c\u00e1rnica como de la. Tam\u00e9n estar\u00e1 presente a cabra surafricana Boer Vermella ou Kalahari, principalmente produtora de carne; e a ovella Suffolk, raza inglesa con dobre prop\u00f3sito, carne e la. Sumaranse a ovella francesa Charolesa, tam\u00e9n con dobre prop\u00f3sito; a ovella Churra, unha raza aut\u00f3ctona da pen\u00ednsula que \u00e9 unha das m\u00e1is primitivas deste territorio e boa produtora tanto de leite como de carne, e tam\u00e9n as ovellas Ille de France, raza francesa cruzamento de Dishley e Merino Rambouillet con aptitude mixta.<\/p>\n Ademais, Ovica e a Asociaci\u00f3n de Cans Pastores de Galicia (Acapagal) realizar\u00e1n unha exhibici\u00f3n de pastoreo na que varias ovellas desta exposici\u00f3n ser\u00e1n pastoreadas por cans border collie. Obediencia, guiado ou separaci\u00f3n dunhas das ovellas do raba\u00f1o ser\u00e1n algunhas das destrezas que poder\u00e1 ver o p\u00fablico.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" AS AUT\u00d3CTONAS EN PERIGO DE EXTINCI\u00d3N PROTAGONIZAR\u00c1N MOITAS DAS PROPOSTAS, SE BEN TAM\u00c9N HABER\u00c1 DOUTRAS RAZAS GALEGAS E SELECTAS SER\u00c1N MOITAS AS PROPOSTAS DESTE SECTOR NO CERTAME, O CAL SE CELEBRAR\u00c1 DO 5 AO 8 DE XU\u00d1O NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA Silleda, 30 de maio de 2025.- A 47\u00aa Feira Internacional Abanca Semana … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3918,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-4185","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n