{"id":4228,"date":"2025-06-05T18:25:36","date_gmt":"2025-06-05T18:25:36","guid":{"rendered":"https:\/\/www.semanaverde.es\/la-feria-abanca-semana-verde-2025-arranco-hoy-con-sus-propuestas-mas-profesionales-desde-mesas-de-negocio-a-conferencias-y-demostraciones\/"},"modified":"2025-06-05T18:27:11","modified_gmt":"2025-06-05T18:27:11","slug":"la-feria-abanca-semana-verde-2025-arranco-hoy-con-sus-propuestas-mas-profesionales-desde-mesas-de-negocio-a-conferencias-y-demostraciones","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.semanaverde.es\/gl\/la-feria-abanca-semana-verde-2025-arranco-hoy-con-sus-propuestas-mas-profesionales-desde-mesas-de-negocio-a-conferencias-y-demostraciones\/","title":{"rendered":"A feira Abanca Semana Verde 2025 arrancou hoxe coas s\u00faas propostas m\u00e1is profesionais, dende mesas de negocio a conferencias e demostraci\u00f3ns"},"content":{"rendered":"
Silleda, 5 de xu\u00f1o de 2025.- <\/em><\/strong>A 47\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, inaugurada hoxe nun acto no que participaron o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo, e a conselleira do Medio Rural, Mar\u00eda Jos\u00e9 G\u00f3mez, arrincou esta ma\u00f1\u00e1 coas s\u00faas propostas m\u00e1is profesionais.<\/p>\n As\u00ed, esta cita, que alcanza a s\u00faa mellor cifra de expositores directos do \u00faltimos dezaoito anos e \u00e9 a m\u00e1is internacional dos \u00faltimos vinte, mostra xa as propostas de 758 expositores directos de oito pa\u00edses, mentres que no seu programa de actividades desenvolve xa as s\u00faas propostas m\u00e1is profesionais.<\/p>\n Entre estas actividades destacan as mesas de negocio dos sal\u00f3ns de alimentaci\u00f3n e turismo, onde participan m\u00e1is de 60 compradores e operadores tur\u00edsticos de 21 pa\u00edses distintos.<\/p>\n As\u00ed, no Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atlantico, Salimat Abanca, comezaron os seus Encontros Internacionais de Compradores, que re\u00fanen a 31 importadores e distribuidores de Alema\u00f1a, Austria, Bulgaria, Costa Rica, Dinamarca, Espa\u00f1a, Emiratos \u00c1rabes, Estados Unidos, Filipinas, Francia, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rep\u00fablica Checa, Suecia e Su\u00edza. Estes buscan xa proposta entre os expositores para inclu\u00edlas na s\u00faa carteira de produtos ou lineais de supermercados.<\/p>\n Pola s\u00faa banda, a Bolsa de Contrataci\u00f3n Tur\u00edstica de Turexpo Galicia conta con 32 operadores tur\u00edsticos con presenza en Alema\u00f1a, Canad\u00e1, Espa\u00f1a, Estados Unidos, Irlanda, Pa\u00edses Baixos, Polonia, Portugal e, por primeira vez, Indonesia e Serbia. Estes operadores co\u00f1ecer\u00e1n as propostas de empresas do sector do turismo e tam\u00e9n destinos que incorporar\u00e1n \u00e1s ofertas que far\u00e1n aos seus clientes.<\/p>\n Conferencias, showcookings e morfol\u00f3xicos<\/strong><\/p>\n Ademais destas mesas de negocio, en Salimat Abanca tam\u00e9n se est\u00e1n celebrando outras actividades destinadas a profesionais, como showcookings de produtos de calidade, catas comentadas ou demostraci\u00f3ns de cocteler\u00eda a cargo do campi\u00f3n nacional absoluto do Campionato Monin Interescuelas 23, Joel Forj\u00e1n. Sumouse neste sal\u00f3n a conferencia \u201cIntelixencia artificial: Experiencias \u00e1 carta. Mellora as t\u00faas reservas e facturaci\u00f3n\u201d.<\/p>\n Na \u00e1rea de gander\u00eda\u00a0 celebr\u00e1ronse os concursos morfol\u00f3xicos das razas aut\u00f3ctonas de Galicia en perigo de extinci\u00f3n, onde se elixiron os mellores exemplares co obxectivo de promocionar estas razas e incentivar aos criadores \u00e1 s\u00faa mellora xen\u00e9tica. As\u00ed mesmo, tam\u00e9n nesta \u00e1rea tivo lugar a xornada \u201cEvento Geronimo Stakeholder 2025\u201d, organizada pola Fundaci\u00f3n Empresa Universidade Galega (Feuga), onde se presentou a epixen\u00e9tica na cr\u00eda de animais e expux\u00e9ronse experiencias de criadores de razas locais a trav\u00e9s de relatorios sobre recuperaci\u00f3n das razas aut\u00f3ctonas espa\u00f1olas e galegas, a \u201cCr\u00f3nica da pegada do Porco Celta en Galicia\u201d e tam\u00e9n \u201cBio4trace: biotecnolox\u00eda para a rastrexabilidade e a selecci\u00f3n xen\u00e9tica en razas minoritarias espa\u00f1olas\u201d.<\/p>\n Por outra outra banda, na primeira edici\u00f3n do sal\u00f3n de beleza e est\u00e9tica Intermax Beauty Show lev\u00e1ronse a cabo d\u00faas conferencias, baixo o t\u00edtulo \u201cAutocuidado, benestar e oportunidade de negocio\u201d e \u201cM\u00e1is clientes, m\u00e1is ingresos e un plan claro para deixar de improvisar.<\/p>\n >>> + FOTOS<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" OS ENCONTROS INTERNACIONAIS DOS SECTORES ALIMENTARIO E TUR\u00cdSTICO XA CELEBRAN AS S\u00daAS REUNI\u00d3NS CON COMPRADORES E TUROPERADORES DE 21 PA\u00cdSES DIFERENTES SUM\u00c1NSE AO PROGRAMA SHOWCOOKINGS DESTINADOS A IMPORTADORES, CONCURSOS MORFOL\u00d3XICOS ORIENTADOS \u00c1 MELLORA DAS RAZAS AUT\u00d3CTONAS DE GALICIA EN PERIGRO DE EXTINCI\u00d3N OU CONFERENCIAS DO SECTOR GANDEIRO, ALIMENTARIO E DA BELEZA Silleda, 5 de xu\u00f1o … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4226,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-4228","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n