{"id":4266,"date":"2025-06-07T18:32:09","date_gmt":"2025-06-07T18:32:09","guid":{"rendered":"https:\/\/www.semanaverde.es\/el-programa-mas-ludico-comenzo-en-la-feria-abanca-semana-verde-2025-con-sorprendentes-actividades-ecuestres-caninas-sobre-ruedas-o-de-belleza\/"},"modified":"2025-06-07T18:33:52","modified_gmt":"2025-06-07T18:33:52","slug":"el-programa-mas-ludico-comenzo-en-la-feria-abanca-semana-verde-2025-con-sorprendentes-actividades-ecuestres-caninas-sobre-ruedas-o-de-belleza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.semanaverde.es\/gl\/el-programa-mas-ludico-comenzo-en-la-feria-abanca-semana-verde-2025-con-sorprendentes-actividades-ecuestres-caninas-sobre-ruedas-o-de-belleza\/","title":{"rendered":"O programa m\u00e1is l\u00fadico comezou na feira Abanca Semana Verde 2025 con sorprendentes actividades ecuestres, caninas, sobre rodas ou de beleza"},"content":{"rendered":"
Silleda, 7 de xu\u00f1o de 2025.- <\/em><\/strong>A 47\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal se celebra ata ma\u00f1\u00e1 domingo, puxo en marcha hoxe o seu programa m\u00e1is l\u00fadico. E f\u00edxoo multiplicando as propostas das s\u00faas distintas \u00e1reas e sal\u00f3ns e inclu\u00edndo algunhas con gran espectacularidade<\/p>\n As\u00ed, ademais de distintas exposici\u00f3ns e actividades programadas para todos os d\u00edas, hoxe incorpor\u00e1ronse novas propostas destinadas ao p\u00fablico xeral. Entre elas destacaron as ecuestres, como o XI Galician Championship E.C.A.H.O Internacional\u00a0\u00a0 C, un morfol\u00f3xico de cabalos \u00e1rabes con gran participaci\u00f3n que contin\u00faa ma\u00f1\u00e1, e un taller sobre coidados do poni onde os nenos poden cepillalos, facerlles trenzados ou pasealos \u00e1 corda. Centrado en exemplares de Pura Raza Galega tam\u00e9n se levou a cabo o Concurso Morfol\u00f3xico Oficial, unha vistosa exhibici\u00f3n de rapa das bestas nun curro con eguas do monte e varios grupos de aloitadores<\/em>, un desfile de varios cabalos engalanados ao modo tradicional ou\u00a0 unha demostraci\u00f3n de doma de alta escola con traballos de rendas longas p\u00e9 a terra e doma cl\u00e1sica con cabalos pertencente \u00e1 secci\u00f3n de doma de alta escola de Galicia \u201cDrag\u00f3ns de Santiago\u201d.<\/p>\n En canto \u00e1s caninas, realizouse unha exhibici\u00f3n da Unidade Cinol\u00f3xica do Terzo Norte de Infanter\u00eda de Marina e outra de pastoreo de ovellas con cans da raza boder collie, ademais de actividades co Can de Palleiro, demostraci\u00f3ns de agility<\/em> (axilidade canina) e tam\u00e9n a Copa Federaci\u00f3n Abanca Semana Verde de Galicia desta modalidade, tanto por equipos como individual.<\/p>\n Por outra banda, comezaron as actividades sobre rodas. Por unha banda, realiz\u00e1ronse cursos gratu\u00edtos e exhibici\u00f3ns de skateboarding, nas que participaron alg\u00fans campi\u00f3ns e campioas galegas desta modalidade deportiva. As\u00ed mesmo, esta ma\u00f1\u00e1 o p\u00fablico puido gozar dunha exhibici\u00f3n a cargo do pioneiro do freestyle<\/em> motocr\u00f3s en Portugal, Paulo Martinho, mentres que esta tarde levarase a cabo o show \u201cPichu & Balles Stunt\u201d, integrado por dous dos tres \u00fanicos pilotos de stunt (acrobacias sobre rudas) en Galicia.<\/p>\n Sal\u00f3ns paralelos<\/strong><\/p>\n As actividades relacionadas cos outros catro sal\u00f3ns paralelos \u00e1 feira Abanca Semana Verde de Galicia tam\u00e9n se intensificaron hoxe. As\u00ed, en Turexpo Galicia e Festur celebr\u00e1ronse actividades relacionadas con festas de interese tur\u00edstico, como demostraci\u00f3ns das palilleiras de Camari\u00f1as e do Entroido dos Xenerais do Ulla, showcooking da Festa do Queixo de Arz\u00faa ou degustaci\u00f3ns da Festa da Tortilla de Laro, de Silleda; do Pan de Cea, Xam\u00f3n da Ca\u00f1iza e as Patacas de Coristanco en distintas elaboraci\u00f3ns. Sum\u00e1ronse talleres da Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, como \u201cElaboraci\u00f3n de Caretas de Animais da Natureza Galega\u201d ou o VIII Encontro de Creadores Dixitais de Turismo, que nesta ocasi\u00f3n contou con doce creadores de Engaliciam\u00f3rate, Gallego Viaxeiro, Wonderintravel, Gato Vadio Travel Blog, Baixo Infinitas Estrelas, LauradeOurense, Antonautas na Iagosfera, Wfabianchos e Koala 87.<\/p>\n En canto a Salimat Abanca, desenvolv\u00e9ronse numerosas propostas, como demostraci\u00f3ns de cocteler\u00eda ou degustaci\u00f3ns a cargo dos centros de formaci\u00f3n profesional de hostaler\u00eda e turismo e industrias alimentarias organizadas pola Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n, Ciencia, Universidades e Formaci\u00f3n Profesional, e varias sesi\u00f3ns da aula de Catas da Conseller\u00eda do Mar, entre elas \u201cAcuicultura, desc\u00fabrea: O Rodaballo\u201d Tam\u00e9n se celebraron \u201cExperiencias de Calidade\u201d organizadas pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), como a \u201cCata de vi\u00f1os premiados nas Catas de Galicia 2024\u201d ou a presentaci\u00f3n e degustaci\u00f3n de produtos agroalimentarios organizada por Econom\u00eda Social de Galicia no stand da Conseller\u00eda de Emprego, Comercio e Emigraci\u00f3n.<\/p>\n As\u00ed mesmo, destacaron os showcookings da Terraza Salimat, entre eles o centrado na raza aut\u00f3ctona galega Gali\u00f1a Pi\u00f1eira e o de produtos de Galicia amparados baixo denominaci\u00f3n de orixe, indicaci\u00f3n xeogr\u00e1fica protexida, ecol\u00f3xicos o de artesan\u00eda alimentaria a cargo de Julio Mato, chef do Programa de TVG \u201cA Voltas co Prato\u201d. S\u00famanse gran cantidade de showcookings, catas e degustaci\u00f3ns nos distintos stands, ademais do X Encontro de Creadores Dixitais, no que participaron trece creadores de Pez Salvaje, Gu\u00eda Furanch\u00edn, La Cocina de Fati, Vigodelicioso, Desayuna Coru\u00f1a, Magdalenas de Chocolate, ElfaroGastro, Pasear Galicia e Rosanacr34.<\/p>\n En canto \u00e1 feira de caza, pesca e natureza, Fecap Abanca, desenvolv\u00e9ronse exhibici\u00f3ns de voo con aves de cetrer\u00eda, unha demostraci\u00f3n de montaxe de moscas a cargo dos especialistas Marcos Prado e Joaqu\u00edn L. Quint\u00e1s e un concurso de lance de mosca. Ademais, intensific\u00e1ronse as actividades de tiro con arco e non deixou de funcionar o simulador Sim Way Hunt, un sistema virtual para aprender e adestrar o tiro sobre obxectivos en movemento.<\/p>\n Pola s\u00faa banda, no sal\u00f3n de beleza e est\u00e9tica Intermax Beauty Show, lev\u00e1ronse a cabo hoxe dous talleres de t\u00e9cnicas de styling masculino e feminino con expertos do sector. Un deles por parte de Jes\u00fas V\u00e1zquez, formador para diversas marcas e ga\u00f1ador do premio Imaxe Galicia a mellor colecci\u00f3n masculina. Sumouse Sara Serantes, directora xeral de Innusual, CEO de Ssctrainer Formaci\u00f3ns e formadora de qu\u00edmica e cosmetolox\u00eda e do M\u00e1ster Bioqu\u00edmica e F\u00edsico da Cor para toda Europa. \u00a0Tam\u00e9n mostrou os seus co\u00f1ecementos Christian Barber, campi\u00f3n de freestyle de barber\u00eda en Galicia e na Golden Chair Internacional, ademais de creador da batalla de barbeiros A Mari\u00f1a Barber Battle.<\/p>\n Ademais, tiveron lugar as conferencias \u201cComo crear unha estratexia de branding para o teu negocio\u201d e \u201cAutocoidado, benestar e oportunidade de negocio\u201d.<\/p>\n >>> + FOTOS<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" TAM\u00c9N AUMENTA NESTA XORNADA O N\u00daMERO DE SHOWCOOKINGS E CATAS, DE DEGUSTACI\u00d3NS DE FESTAS DE INTERESE TUR\u00cdSCTICO OU DE PROPOSTAS DE CAZA, PESCA E NATUREZA O CERTAME CONTINUAR\u00c1 MA\u00d1\u00c1 CON GRAN CANTIDADE DE ACTIVIDADES PARA TODOS OS P\u00daBLICOS Silleda, 7 de xu\u00f1o de 2025.- A 47\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4264,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-4266","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n