{"id":4292,"date":"2025-09-01T09:27:49","date_gmt":"2025-09-01T09:27:49","guid":{"rendered":"https:\/\/www.semanaverde.es\/la-feria-abanca-semana-verde-ya-tiene-fechas-para-volver-a-generar-negocio-en-el-mejor-entorno-ludico-del-4-al-7-de-junio-de-2026\/"},"modified":"2025-09-01T09:29:25","modified_gmt":"2025-09-01T09:29:25","slug":"la-feria-abanca-semana-verde-ya-tiene-fechas-para-volver-a-generar-negocio-en-el-mejor-entorno-ludico-del-4-al-7-de-junio-de-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.semanaverde.es\/gl\/la-feria-abanca-semana-verde-ya-tiene-fechas-para-volver-a-generar-negocio-en-el-mejor-entorno-ludico-del-4-al-7-de-junio-de-2026\/","title":{"rendered":"A feira Abanca Semana Verde xa ten datas para volver xerar negocio no mellor entorno l\u00fadico, do 4 ao 7 de xu\u00f1o de 2026"},"content":{"rendered":"
Silleda, 1 de setembro de 2025.- <\/em><\/strong>A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia xa ten datas para 2026. Ser\u00e1 do 4 ao 7 de xu\u00f1o cando celebre a s\u00faa 48\u00aa edici\u00f3n, coa que pretende converterse unha vez m\u00e1is no gran certame multisectorial de comercio e lecer do noroeste peninsular.<\/p>\n O seu equipo traballa xa nunha cita na que seguir\u00e1 reforz\u00e1ndose, tanto a nivel expositivo como no que se refire ao contido do seu programa de actividades, co obxectivo de manter o amplo respaldo de expositores e p\u00fablico.<\/p>\n En canto \u00e1 s\u00faa exposici\u00f3n, contar\u00e1 cos seus consolidados certames paralelo, o XXIX Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca; o XV Sal\u00f3n Tur\u00edstico de Galicia, Turexpo Galicia, a XII Feira de Festas de Interese Tur\u00edstico, Festur, e tam\u00e9n a XII Feira de Caza, Pesca e Natureza, Fecap Abanca. A eles unirase a segunda edici\u00f3n do Sal\u00f3n de Beleza e Est\u00e9tica Avanzada, Intermax Beauty Show e, como \u00e9 habitual, outros moitos sectores que ir\u00e1n desde gander\u00eda, bioenerx\u00eda, pequena maquinaria, xardiner\u00eda ou ferramenta ata mobiliario, decoraci\u00f3n ou artesan\u00eda.<\/p>\n En canto ao seu programa, incluir\u00e1 novamente actividades para profesionais e p\u00fablico xeral, sumando novidades \u00e1s propostas xa cl\u00e1sicas na feira que contan cunha excelente acollida en todas as edici\u00f3ns.<\/p>\n Unha cita con historia que non deixa de superarse <\/strong><\/p>\n A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia \u00e9 xa unha cita amplamente consolidada pola s\u00faa capacidade para crear oportunidades comerciais e ofrecer unha proposta con atractivo para todo tipo de p\u00fablico.<\/p>\n Un esforzo que se reflicte nos seus crecentes resultados. As\u00ed, na s\u00faa pasada convocatoria, celebrada do 5 ao 8 de xu\u00f1o deste ano, reuniu a 758 expositores directos de oito pa\u00edses, convert\u00e9ndose na maior do \u00faltimos dezaoito anos e na m\u00e1is internacional do \u00faltimos vinte. Ademais, rexistrou cifras r\u00e9cord na exposici\u00f3n do seu sal\u00f3n de turismo e engadiu o sector da beleza a trav\u00e9s dun certame paralelo propio.<\/p>\n Por outra banda, volveu ofrecer m\u00e1is de 200 actividades das que puideron desfrutar 112.200 visitantes, un 32% m\u00e1is que na edici\u00f3n anterior e a s\u00faa mellor cifra desde que se declarase a pandemia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" SER\u00c1 A 48\u00aa EDICI\u00d3N DESTE RECO\u00d1ECIDO EVENTO MULTISECTORIAL, QUE NA S\u00daA \u00daLTIMA EDICI\u00d3N REXISTROU A MAIOR CIFRA DE EXPOSITORES DOS \u00daLTIMOS 18 ANOS E UNHA AFLUENCIA DE 112.200 PERSOAS A ORGANIZACI\u00d3N TRABALLA XA NESTA NOVA CITA PARA SEGUIR REFORZANDO TANTO A S\u00daA PROPOSTA EXPOSITIVA COMO O SEU PROGRAMA Silleda, 1 de setembro de 2025.- A … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4290,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-4292","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n