{"id":4748,"date":"2026-06-05T07:56:43","date_gmt":"2026-06-05T07:56:43","guid":{"rendered":"https:\/\/www.semanaverde.es\/rueda-destaca-la-pujanza-de-la-feria-abanca-semana-verde-con-la-mayor-participacion-expositiva-en-19-anos-y-reivindica-el-evento-como-un-gran-escaparate-de-galicia\/"},"modified":"2026-06-05T07:59:17","modified_gmt":"2026-06-05T07:59:17","slug":"rueda-destaca-la-pujanza-de-la-feria-abanca-semana-verde-con-la-mayor-participacion-expositiva-en-19-anos-y-reivindica-el-evento-como-un-gran-escaparate-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.semanaverde.es\/gl\/rueda-destaca-la-pujanza-de-la-feria-abanca-semana-verde-con-la-mayor-participacion-expositiva-en-19-anos-y-reivindica-el-evento-como-un-gran-escaparate-de-galicia\/","title":{"rendered":"Rueda destaca a puxanza da Feira Abanca Semana Verde, coa maior participaci\u00f3n expositiva en 19 anos, e reivindica o evento como un gran escaparate de Galicia"},"content":{"rendered":"
Silleda (Pontevedra), 4 de junio de 2026<\/strong><\/p>\n O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a puxanza da Feira Abanca Semana Verde, que acada este ano a s\u00faa maior participaci\u00f3n de expositores nos \u00faltimos 19 anos, cun total de 793. Reivindicou, ademais, o evento como un gran escaparate de Galicia.<\/p>\n As\u00ed o sinalou esta tarde tras a inauguraci\u00f3n da 48 edici\u00f3n deste certame, na que estivo acompa\u00f1ado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e pola conselleira do Medio Rural, Mar\u00eda Jos\u00e9 G\u00f3mez.<\/p>\n Durante a s\u00faa intervenci\u00f3n, puxo en valor que esta cita, que se prolongar\u00e1 ata o domingo, foi protagonista dunha gran transformaci\u00f3n nos \u00faltimos anos, o que lle permitiu aumentar os niveis de participaci\u00f3n, internacionalizaci\u00f3n (os expositores directos prove\u00f1en de 6 pa\u00edses diferentes) e profesionalizaci\u00f3n. Neste sentido, apuntou que esta feira “non perdeu a s\u00faa esencia de sector primario\u201d, ao tempo que soubo \u201creinventarse e ter aqu\u00ed as grandes empresas galegas\u201d.<\/p>\n Considerou que todo este traballo, que subli\u00f1ou como \u201cun m\u00e9rito colectivo\u201d, a consolidou como un referente \u00e1 hora de dar visibilidade \u00e1 marca Galicia Calidade e \u00e1 capacidade do rural galego de organizar eventos que atraian a milleiros de visitantes. As\u00ed, sinalou, a Semana Verde \u00e9 \u201co escaparate da Galicia m\u00e1is esencial, da Galicia Calidade, da Galicia moderna e do futuro que se re\u00fane aqu\u00ed en Silleda, e desde Galicia para o mundo\u201d.<\/p>\n Na feira exp\u00f3\u00f1ense moitos dos valores de Galicia, como a alimentaci\u00f3n e gastronom\u00eda, con Salimat; o turismo, con Turexpo ou Festur; ou outros \u00e1mbitos como a pesca, caza natureza; a gandar\u00eda e agricultura; e, m\u00e1is recentemente, tam\u00e9n se incorporou o sector da beleza e a est\u00e9tica. O turismo conta tam\u00e9n con dous sal\u00f3ns, tendo en conta que o vindeiro ano se celebrar\u00e1 o Xacobeo 2027.<\/p>\n >>> + FOTOS<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" Silleda (Pontevedra), 4 de junio de 2026 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a puxanza da Feira Abanca Semana Verde, que acada este ano a s\u00faa maior participaci\u00f3n de expositores nos \u00faltimos 19 anos, cun total de 793. Reivindicou, ademais, o evento como un gran escaparate de Galicia. As\u00ed o sinalou esta tarde … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4746,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-4748","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n