{"id":4771,"date":"2026-06-05T16:01:57","date_gmt":"2026-06-05T16:01:57","guid":{"rendered":"https:\/\/www.semanaverde.es\/conferencias-rondas-de-negocio-y-showcookings-la-apuesta-de-hoy-en-el-programa-mas-profesional-de-abanca-semana-verde-2026\/"},"modified":"2026-06-05T16:06:27","modified_gmt":"2026-06-05T16:06:27","slug":"conferencias-rondas-de-negocio-y-showcookings-la-apuesta-de-hoy-en-el-programa-mas-profesional-de-abanca-semana-verde-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.semanaverde.es\/gl\/conferencias-rondas-de-negocio-y-showcookings-la-apuesta-de-hoy-en-el-programa-mas-profesional-de-abanca-semana-verde-2026\/","title":{"rendered":"Conferencias, roldas de negocio e showcookings, a aposta de hoxe no programa m\u00e1is profesional de Abanca Semana Verde 2026"},"content":{"rendered":"
Silleda, 5 de xu\u00f1o de 2026.- <\/em><\/strong>A 48\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia celebra hoxe a s\u00faa segunda xornada, na cal as actividades profesionais est\u00e1n a\u00ednda moi presentes, centr\u00e1ndose no peche das mesas de negocio dos sal\u00f3ns de turismo e alimentaci\u00f3n, coci\u00f1a en vivo para profesionais e conferencias.<\/p>\n Respecto a estas \u00faltimas, levouse a cabo o XXVIII Monogr\u00e1fico Porcino, no que diversos expertos abordaron a evoluci\u00f3n do sector porcino a nivel internacional, a situaci\u00f3n actual en Espa\u00f1a, a econom\u00eda deste \u00e1mbito en tempos de peste porcina africana e, nunha mesa redonda, os horizontes e retos do porcino galego.<\/p>\n Ademais, celebr\u00e1ronse outras conferencias baixo os t\u00edtulos \u201cO afumadoiro como laboratorio: redes de sensores para a vixilancia continua da secado-maduraci\u00f3n e a reduci\u00f3n de HAPs en chourizo galego\u201d, \u201cO reto do traballador no agro galego: oportunidades e soluci\u00f3ns para o futuro do sector\u201d e tam\u00e9n \u201cAplicaci\u00f3n de estratexias innovadoras no \u00e1mbito vitivin\u00edcola\u201d e \u201cImpulso \u00e1 dixitalizaci\u00f3n e sustentabilidade no sector agrogandeiro\u201d, present\u00e1ndose nestas d\u00faas \u00faltimas oito proxectos innovadores centrados nos sectores vitivin\u00edcola e agrogandeiro.<\/p>\n Sum\u00e1ronse outros encontros e reuni\u00f3ns t\u00e9cnicas, como a asemblea da Federaci\u00f3n de Razas Aut\u00f3ctonas de Galicia (Boaga).<\/p>\n As\u00ed mesmo, continuaron esta ma\u00f1\u00e1 en Salimat Abanca diversas sesi\u00f3ns orientadas a profesionais, con coci\u00f1a en vivo. Entre elas, a sesi\u00f3n da aula de Catas da Conseller\u00eda do Mar, titulada \u201cGalicia saber Amar. Ribeira Calidade: lirio e sardi\u00f1a da OPP 83\u201d, \u00e1 que acudiron os importadores e distribuidores alimentarios presentes nos Encontros de Compradores Internacionais de Salimat.<\/p>\n Tam\u00e9n este mediod\u00eda conclu\u00edron estas mesas de negocio de Salimat Abanca e as de Turexpo Galicia, as cales conxuntamente celebraron con \u00e9xito m\u00e1is de 3.700 reuni\u00f3ns con 63 compradores alimentarios e operadores tur\u00edsticos de 21 pa\u00edses.<\/p>\n Por outra banda, tendo en conta os d\u00edas lectivos nos centros de ensino, realiz\u00e1ronse distintas actividades divulgativas e formativas para escolares, como demostraci\u00f3ns de agility,<\/em> mostra de pegadas de especies cinex\u00e9ticas ou talleres de pintura en Fecap Abanca, proxecci\u00f3ns interactivas sobre o porco celta na \u00e1rea gandeira ou talleres de coci\u00f1a en Salimat Abanca, entre outras.<\/p>\n As actividades m\u00e1is l\u00fadicas, a partir de ma\u00f1\u00e1<\/strong><\/p>\n Abanca Semana Verde 2026 pon en marcha ma\u00f1\u00e1 o seu programa orientado a todos o p\u00fablicos, o cal se estender\u00e1 ata o domingo e incluir\u00e1 desde competici\u00f3ns caninas ou exhibici\u00f3ns ecuestres ata shows de motor ou m\u00e1is diversidade de showcookings, catas e tanto exhibici\u00f3ns como degustaci\u00f3ns de numerosas festas de interese tur\u00edstico galegas.<\/p>\n >>> + FOTOS<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ESTE CERTAME MULTISECTORIAL, QUE PON EN MARCHA MA\u00d1\u00c1 AS S\u00daAS PROPOSTAS M\u00c1IS L\u00daDICAS, CEL\u00c9BRASE ATA O DOMINGO NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA Silleda, 5 de xu\u00f1o de 2026.- A 48\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia celebra hoxe a s\u00faa segunda xornada, na cal as actividades profesionais est\u00e1n a\u00ednda moi presentes, centr\u00e1ndose no … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4769,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-4771","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n