{"id":4790,"date":"2026-06-06T19:18:37","date_gmt":"2026-06-06T19:18:37","guid":{"rendered":"https:\/\/www.semanaverde.es\/pombo-de-normandy-alondra-y-lavandeira-ganadores-del-morfologico-de-caballo-pura-raza-galega-en-la-feria-abanca-semana-verde\/"},"modified":"2026-06-06T19:21:02","modified_gmt":"2026-06-06T19:21:02","slug":"pombo-de-normandy-alondra-y-lavandeira-ganadores-del-morfologico-de-caballo-pura-raza-galega-en-la-feria-abanca-semana-verde","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.semanaverde.es\/gl\/pombo-de-normandy-alondra-y-lavandeira-ganadores-del-morfologico-de-caballo-pura-raza-galega-en-la-feria-abanca-semana-verde\/","title":{"rendered":"Pombo de Normandy, Alondra e Lavandeira ga\u00f1adores do Morfol\u00f3xico de cabalo Pura Raza Galega na feira Abanca Semana Verde"},"content":{"rendered":"
Silleda, 6 de xu\u00f1o de 2026.- <\/em><\/strong>A 48\u00aa Abanca Semana Verde de Galicia, a cal se celebra ata ma\u00f1\u00e1 no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, acolleu hoxe o Concurso Morfol\u00f3xico Oficial de Cabalo Pura Raza Galega.<\/p>\n Na categor\u00eda de sementais, o ga\u00f1ador foi Pombo de Normandy<\/em>, de Fernando Groba, de As Neves (Pontevedra), sendo o segundo posto para Izar XR<\/em>, de Juan Paz de Guitiriz (Lugo) e o terceiro para Rango da Caxigueira<\/em>, de Xan das Bouzas, de Mondo\u00f1edo (Lugo).<\/p>\n En canto a eguas, o p\u00f3dium estivo composto, de primeira a tercira, por Alondra<\/em>, de Gander\u00eda Tras do R\u00edo, de Ortigueira (A Coru\u00f1a), Fonte\u00ed\u00f1a II<\/em>, de Juan Fontenla, de A Estrada (Pontevedra), e Garbosa de Tras do R\u00edo<\/em>, de Gander\u00eda Tras do R\u00edo.<\/p>\n Respecto a poldras, a primeira clasificada foi Lavandeira<\/em>, de Gander\u00eda Tras do R\u00edo; a segunda Gitana FR<\/em>, de Juan Fontenla, e a terceira Mimosa da Caxigueira<\/em>, de Xan das Bouzas.<\/p>\n No concurso, organizado pola Asociaci\u00f3n de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga), participaron once exemplares desta raza aut\u00f3ctona en perigo de extinci\u00f3n procedentes de distintas localidades galegas.<\/p>\n Presentaci\u00f3ns e xornadas da \u00e1rea gandeira<\/strong><\/p>\n Ademais deste concurso morfol\u00f3xico e as exposici\u00f3ns de distintas razas presentes todos os d\u00edas, a \u00e1rea gandeira da feira acolleu hoxe presentaci\u00f3ns e xornadas.<\/p>\n As\u00ed, presentouse a Federaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Razas Minoritarias Porcinas (Ferampor), con representaci\u00f3n da raza Porco Celta e das Gochu Asturcelta, Euskal Txerria, Porc Negre Mallorqu\u00ed, Chato Murciano e Cocho Negro Canario. Ovica fixo o propio con dous novos proxectos: \u201cEscola de pastores. Loita contra o despoboamento, a remuda xeracional e a profesionalizaci\u00f3n do sector ovino-caprino en Galicia\u201d e o novo servizo \u201cTesteo de machos\u201d.<\/p>\n Ademais, a Plataforma de Porcino de Cr\u00eda Tradicional realizou unha xornada sobre os retos e situaci\u00f3n actual da produci\u00f3n de porcino con raza aut\u00f3ctona en sistemas semiextensivos en Galicia, mentres que Nudesa reuniu aos seus distribuidores nun encontro para aprender de manexo e alimentaci\u00f3n de vac\u00fan, porcino e avicultura e co\u00f1ecer ferramentas de vendas que lles axudar\u00e1n no d\u00eda a d\u00eda cos seus clientes.<\/p>\n >>> + FOTOS<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" NA COMPETICI\u00d3N PARTICIPARON ONCE EXEMPLARES PROCEDENTES DE DISTINTOS PUNTOS DE GALICIA NA \u00c1REA GANDEIRA DA FEIRA CELEBR\u00c1RONSE TAM\u00c9N HOXE VARIAS XORNADAS E PRESENTACI\u00d3NS Silleda, 6 de xu\u00f1o de 2026.- A 48\u00aa Abanca Semana Verde de Galicia, a cal se celebra ata ma\u00f1\u00e1 no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, acolleu hoxe o Concurso Morfol\u00f3xico Oficial … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":4789,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-4790","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n