As novidades multiplícanse na área expositiva da feira Abanca Semana Verde 2022

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
  • DESTACAN AS NOVAS PARTICIPACIÓNS EN TODOS OS SEUS ESPAZOS, ESPECIALMENTE NOS SALÓNS DE ALIMENTACIÓN E TURISMO, OS CALES ALCANZARÁN AS SÚAS MAIORES CIFRAS EN EXPOSITORES E SUPERFICIE
  • TAMÉN O SEU PROGRAMA DE ACTIVIDADES INCLÚE PROPOSTAS NOVIDOSAS

A 44ª feira Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebrará do 2 ao 5 de xuño, conta nesta edición cun gran número de novas participacións nos seus diversos espazos expositivos. Estas serán notables nos seus salóns de alimentación e turismo, os cales alcanzarán as súas maiores cifras tanto en expositores como en superficie.

Así, en Turexpo Galicia, entre outras moitas novidades da súa área expositiva, estará Xordania, que ademais será nesta ocasión País Convidado ao certame. Sumaranse o Roteiro Turístico  Ausangate de Perú, axencias de viaxes de Etiopía, as localidades portuguesas de Gondomar,  Maia e Vila  Viçosa, a Comunidade Valenciana, Gran Canaria e A Palma, as cidades amuralladas de Ciudad Rodrigo e Almeida, a Asociación Leonesa del Camino Olvidado, a Rede de Xuderías de España, os Camiños Xacobeos do Oeste ou a Tirolina das Minas.

En canto a  Salimat Abanca, estará por primeira vez Euskadi, a Cámara de Comercio de Teruel e as deputacións de Málaga, León, Granada e Huelva. A iso engadiranse numerosos produtores tanto galegos como do resto de España e Portugal que acoden por primeira vez para presentar produtos artesáns,  gourmet ou ecolóxicos. E tanto destas empresas que se estrean no certame como outras xa habituais, poderán verse oitenta novidades alimentarias na área  Alinova.

Nos demais espazos de Abanca Semana Verde tamén haberá numerosas novidades, desde  minicasas e módulos multiusos sostibles fabricados en madeira ou criadores de razas presentes por primeira vez na feira ata maquinaria para xardinería con motores eléctricos ou empresas de renting de vehículos sen avais, entre moitas outras.

Novas actividades

Tamén no programa de actividades da feira estrearase un gran número de actividades. Cociña en vivo a cargo do televisivo cociñeiro  Xoanqui  Ameixeiras e do finalista de  Masterchef 8 Iván Mariñas, unha exhibición de  coctelería de Joel Forján, gañador do Campionato Galego de  Coctelería Clásica 2022 na categoría de Xoven  Bartman,  diversas  masterclass da  Axencia  Galega de  Calidade Alimentaria (AGACAL) ou  showcookings da Interprofesional da carne de vacún (Provacuno) e da Organización Interprofesional Cunícola (Intercún) serán só algunhas das novidades no salón alimentario.

Engadiranse, entre outras moitas, a celebración por primeira vez dun show de trial a cargo dos pilotos Jordi  Pascuet e Marcel  Justribó, con varios récords  Guinness, o I Concurso Monográfico do Club Español do  Grifón  Nivernés, unha experiencia virtual inmersiva nunha granxa ou conferencias sobre avespa velutina.