- 07.06.2026
O CERTAME ACADOU A SÚA MELLOR PRESENZA EXPOSITIVA DOS ÚLTIMOS DEZANOVE AÑOS, ADEMAIS DE REXISTRAR RÉCORDS NOS SEUS SALÓNS DE ALIMENTACIÓN E TURISMO Silleda,
Descarga aquí o catálogo en formato pdf, inclúe listado dos expositores, saúdas, programa, planos e sectores.
Amplamente coñecido, este certame é único no calendario feiral por unir negocio e entretemento con enorme atractivo e efectividade.
Camiño da súa 48ª edición, destacou sempre polo seu gran valor como ferramenta comercial e por contar cun extraordinario respaldo do público, con decenas de miles de visitantes cada ano. Unha solidez e resultados que van a máis, reflectíndose tanto na constante confianza de empresas de gran diversidade de ámbitos como nunha cada vez maior presenza institucional.
Este respaldo expositivo e de público converteuna na gran feira multisectorial de mostras e lecer do noroeste peninsular, mantendo o seu forte vínculo co sector primario e ao mesmo tempo enriquecéndose con novos sectores.
A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia é, por tanto, unha cita anual de referencia pola súa insuperable capacidade para xerar vendas, achegarse ao consumidor, afianzar imaxe de marca ou establecer alianzas.
4 - 7 de xuño 2026.
Entrada gratuíta.
Xoves e venres, preferentemente profesional
Feira Internacional de Galicia.
Abanca - Silleda
(preto de Santiago de Compostela – España).
Entrada gratuíta.
Xoves e venres de 10:00 a 20:00 h.
Fin de semana de 10:00 a 21:00 h.
Un escaparate perfecto no que terán cabida tódolos axentes destacados do sector:









