Actividades

logo semana verde

ABANCA SEMANA VERDE

Que encontrará o visitante nesta feira?

Os miles de visitantes que nos acompañan cada ano descubrirán unha experiencia única para todos os sentidos, nun certame que non os deixará de sorprender pola variedade dos produtos e servizos expostos, e polas múltiples actividades e novidades que conformarán o seu incrible programa.

Programa de actividades "edición 2023"

Descarga aquí o AVANCE DE PROGRAMA a 30.5.2023 (*.pdf)

UNHA EXPOSICIÓN ÚNICA

Un certame que simboliza como ningún outro o que Galicia representa. Unha proposta multisectorial que cumprirá as expectativas dos visitantes profesionais e, ao mesmo tempo, fará as delicias de toda a familia.

O SECTOR PRIMARIO

Toda a súa cadea de valor, desde a agricultura, a maquinaria e a gandería, ata o produto final ou o turismo gastronómico, volverá ser o aceno de identidade do certame desde a súa orixe.

AS ACTIVIDADES MÁIS SABOROSAS

O Salón da Alimentación SALIMAT ABANCA será de novo a área que reunirá aos máis foodies e amantes da boa cociña. Chefs de recoñecido prestixio e os propios produtores achegarán ao público os mellores produtos a través de sesións de cociña en directo, presentacións, catas e talleres.

DESTINOS POR DESCUBRIR

Múltiples destinos tratarán de convencer ao gran público de que son a mellor opción para a súa próxima escapada ou para esas tan desexadas vacacións, nun Salón Turístico TUREXPO GALICIA e unha Feira de Festas de Interese Turístico FESTUR que non paran de crecer.

ORIXINAIS PROPOSTAS

Os expositores volverán superarse coas súas imaxinativas propostas e actividades co obxectivo de converterse en actores principais da feira e ser o foco de atención do público.

FORMACIÓN E ACTIVIDADES PROFESIONAIS

Máis aló da incrible proposta de lecer da feira, o certame será outra vez un espectacular centro de negocios para expositores e visitantes profesionais. Encontros internacionais B2B, reunións, congresos, xornadas, talleres… sucederanse fundamentalmente os dous primeiros días.

ACTIVIDADES E COMPETICIÓNS ECUESTRES

O ring hípico e as súas fantásticas instalacións farán vibrar de novo ao público coas súas vistosas propostas e todas as razas presentes. Concursos e campionatos, exhibicións, actividades para os máis pequenos… volverán ser protagonistas.

ACTIVIDADES E COMPETICIÓNS CANINAS

As vistosas probas de Agility, así como outros concursos, competicións e exhibicións farán gozar a todos os visitantes, pero especialmente aos máis pequenos. Representan, sen dúbida, unhas das actividades que ninguén quererá perder.

CONCURSOS GANDEIROS

A feira volverá ser o lugar escollido para avaliar os mellores exemplares das diferentes razas e especies, a través dos seus concursos morfolóxicos, e poñelas en valor a través de diversas actividades. Terán de nuevo especial relevancia as razas autóctonas de Galicia.

TALLERES E ACTIVIDADES DE CAZA E PESCA

Amantes da caza e a pesca poderán gozar de novo con fantásticos talleres, xornadas, cursos, exhibicións, competicións e monográficos.

EXPOSICIÓN DE canS DE CAZA

A exposición de cans de caza volverá ser un dos grandes atractivos para achegar esta disciplina ao gran público.

EXHIBICIónS DE CETRERÍA

Unha actividade que conta cunha enorme tradición, e que marabillará de novo a visitantes de todas as idades.

ESPECTÁCULOS DE MOTOR

Cando ruxan os motores, o triángulo central do recinto converterase de novo nun fervedoiro de público atraído pola espectacularidade destas exhibicións, que se superan ano a ano.

A MADEiRA COMO PROTAGONISTA

A madeira sempre ocupou un lugar destacado na nosa feira e así o seguirá facendo, con actividades tan vistosas nas últimas edicións como os Timbersports ou a realización en directo de incribles esculturas.

CARREiRA POPULAR e MÁiS DEPORTE

A 7ª carreira popular Abanca Semana Verde consolidarase en 2022 como unha cita clave no calendario de atletas e clubes de atletismo. Ademais, edición tras edición, novas disciplinas incorpóranse á feira para completar a oferta lúdica e deportiva do evento, como o exitoso torneo de xadrez e algunhas fantásticas novidades.

ACTIVIDADES INFANTiS E MULTIAVENTURA

Os máis pequenos da casa son a alma da feira e volverán vivir unha experiencia máxica. Karts, tirolina, inchables, rocódromo, actuacións, talleres educativos e unha infinidade de novidades estan agardándovos.

OS DINOSAUROS COBRAN VIDA

Durante os catro días de feira, os dinosuaros animatronics tomarán de novo a feira. Unha mostra espectacular que reproduce dunha forma moi real os sons e movementos destes históricos animais.

ACTUACIónS MUSICAiS E, “XUNTANZAS”

Diferentes propostas amenizarán como cada ano aos visitantes, desde as actuacións máis tradicionais ás propostas máis actuais. A feira tamén será de novo o punto de encontro ideal para numerosos colectivos.

COMPRAS E MÁiS COMPRAS

Como ocorre cada ano, será imposible que os visitantes se resistan á incomparable proposta de produtos e sectores que a Semana Verde ofrece, que se converte durante catro días nun gran centro comercial.

GASTRONOMÍA

Desde as tradicionais “pulpeiras” a unha ampla variedade de propostas, que permitirán experimentar por que unha feira en Galicia é tamén sinónimo de gastronomía.