- SERÁ A 49ª CONVOCATORIA DESTE RECOÑECIDO EVENTO MULTISECTORIAL, QUE NA SÚA ÚLTIMA CITA REXISTROU A MAIOR CIFRA DE EXPOSITORES DOS ÚLTIMOS 19 ANOS E UNHA AFLUENCIA DE 109.480 PERSOAS
- A ORGANIZACIÓN TRABALLA XA NUNHA PROPOSTA NA QUE NEGOCIO E LECER SE UNIRÁN UNHA VEZ MÁIS NA SÚA EXPOSICIÓN E PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Silleda, 2 de setembro de 2026.- A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia xa ten datas para 2027. Será do 3 ao 6 de xuño cando celebre unha 49ª convocatoria que terán un carácter singular, xa que será unha edición especial Xacobeo 2027.
Este gran certame multisectorial de comercio e lecer conectará a súa proposta co espírito do Xacobeo, ligado ao encontro, a diversidade, o diálogo, a creación de vínculos e a apertura ao mundo. Reforzará así o seu carácter como escaparate de Galicia e vinculará aos expositores de todas as orixes a un acontecemento de dimensión internacional que favorecerá o intercambio entre empresas e territorios e a proxección das súas propostas nun contexto excepcional.
En canto á súa exposición, contará cos seus consolidados certames paralelos, o XXX Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca; o XVI Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, a XIII Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, e tamén a XIII Feira de Caza, Pesca e Natureza, Fecap Abanca. A eles unirase a terceira edición do Salón de Beleza e Estética Avanzada, Intermax Beauty Show e, como é habitual, outros moitos sectores que irán desde gandería, bioenerxía, pequena maquinaria, xardinería ou ferramenta ata mobiliario, decoración ou artesanía.
Respecto ao seu programa, incluirá novamente actividades para profesionais e público xeneral, sumando novidades ás propostas xa clásicas que contan sempre cunha excelente acollida e tamén outras relacionadas co Xacobeo.
Unha cita na que se deixará nota a riqueza do Camino de Santiago e que xa está a comezar a organizar o equipo da Fundación Semana Verde de Galicia, co obxectivo de manter o elevando interese e fidelidade que xera en cada edición por parte de expositores e visitantes.
Unha cita con solidez e crecemento
A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia é xa unha cita amplamente consolidada pola súa capacidade para crear oportunidades comerciais e ofrecer unha proposta con atractivo para todo tipo de público.
Un esforzo que se reflicte nos seus crecentes resultados. Así, na súa pasada convocatoria, celebrada do 4 ao 7 de xuño deste ano, reuniu a 793 expositores directos de seis países, converténdose na maior dos últimos dezanove anos. Ademais, rexistrou cifras récord na exposición dos seus salóns de turismo e alimentación e medrou respecto á anterior edición no resto de salóns paralelos.
Por outra banda, volveu ofrecer máis de 200 actividades das que puideron desfrutar 109.480 visitantes.









