- ESTÁ DANDO A COÑECER NO SEU STAND O EVENTO MULTISECTORIAL ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA E OS SEUS SALÓNS DE ALIMENTACIÓN E TURISMO, SALIMAT ABANCA E TUREXPO GALICIA
- A ENTIDADE FEIRAL FOI PARTÍCIPE ESTA MAÑÁ DO DÍA DE GALICIA QUE CELEBRA HOXE ESTE SALÓN, O CAL SE DESENVOLVE EN BRAGA DENDE ONTE E ATA O DOMINGO
Silleda, 31 de marzo de 2023.- A Feira Internacional de Galicia ABANCA está presente estes días no certame Agro, o cal se celebra desde onte e ata o vindeiro domingo 2 de abril en Braga (Portugal).
A entidade feiral conta cun stand nesta 55ª Feira Internacional de Agricultura, Pecuária e Alimentação. Unha participación que se enmarca no convenio que a Fundación Semana Verde de Galicia mantén con InvestBraga, organizadores do evento.
Así, está a promocionar varios dos seus certames, tendo en canta o carácter dos expositores desta cita portuguesa. Estanse dando a coñecer a 45ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os seus salóns de alimentación, Salimat Abanca, e de turismo, Turexpo Galicia, os cales terán lugar do 8 ao 11 de xuño.
Ademais desta presenza expositiva, o equipo comercial presente en Agro está a realizar visitas a moitos dos expositores do certame portugués para darlles a coñecer as vantaxes de formar parte destes eventos.
Día de Galicia
A Feira internacional de Galicia ABANCA foi partícipe esta mañá do Día de Galicia, que celebra hoxe o certame Agro. Así, o seu stand recibiu a visita da comitiva oficial, a cal se achegou aos distintos expositores galegos presentes estes días en Braga.









