Actividades

logo semana verde

ABANCA SEMANA VERDE

Que encontrará o visitante nesta feira?

Este certame reúneo todo nun só lugar: unha gran exposición con infinidade de sectores e un programa de actividades que non deixa indiferente a ninguén. Unha unión que fai de cada edición unha vivencia única.

Programa de actividades 2025

Descarga aquí o AVANCE DE PROGRAMA (*.pdf)

UnHa exposición formidable

O tamaño, variedade e atractivo da súa área expositiva é un distintivo desta feira, que sempre responde os intereses do público, xerando magníficas impresións tanto entre visitantes profesionais como público xeneral.

O SECTOR PRIMARIO

O vínculo coa agricultura, a maquinaria, a gandería, os produtos agroalimentarios ou o turismo gastronómico, está na orixe deste certame. E segue sendo un valor á alza case medio século despois.

Experiencias gastronómicas

Desde expertos gastrónomos ata noveis dos fogóns atopan propostas en  Salón da Alimentación SALIMAT ABANCA. Chefs de recoñecido prestixio e as propias empresas achegarán ao público os mellores produtos a través de showcookings, catas e talleres.

IDEAS PARA VIAXAR

Múltiples destinos tratarán de convencer ao gran público de que son a mellor opción para a súa próxima escapada ou para esas tan desexadas vacacións, nun Salón Turístico TUREXPO GALICIA e unha Feira de Festas de Interese Turístico FESTUR que non pairan de crecer.

Tendencias en cOidado persoal

As últimas novidades en produtos, tratamentos e técnicas de beleza e estética están ao alcance de todos no salón Intermax Beauty Show. Profesionais e público xeneral poderán ademais participar en interesantes actividades como talleres ou competicións de salón de peiteado.

Foros profesionaIs

Ademais da súa incrible proposta de lecer, o certame será outra vez un efectivo centro de negocios para expositores e visitantes profesionais. Encontros internacionais B2B, reunións, congresos, xornadas… sucederanse fundamentalmente os dous primeiros días.

PropOstas aO trote

As actividades ecuestres volverán sorprender a maiores e pequenos con rifados campionatos e emocionantes shows que farán que todos os presentes no ring hípico conteñan a respiración.

Emocionantes citas caninas

Probas de agility de alto nivel e rechamantes exhibicións con distintas razas de cans converteranse en citas obrigadas para miles e miles de persoas. E a expectación será de novo unha constante en todas elas.

Importantes concursos de gando

A feira volverá ser o lugar escollido para avaliar os mellores exemplares de diferentes razas e especies, a través dos seus concursos morfolóxicos, co obxectivo de poñelas en valor. Terán de novo especial relevancia as razas autóctonas de Galicia.

CAZA, PESCA E NATUREZA

O salón Fecap Abanca ofrecerá unha vez máis aos afeccionados á caza, a pesca e as actividades ao aire libre numerosos talleres, xornadas, cursos, demostracións e monográficos, ademais dunha interesante exposición.

Aprendizaxe amena

As actividades formativas tamén teñen cabida no programa, incluíndo desde seminarios e masterclass ata xornadas e coloquios. Impartidos de forma entretida e nunha contorna inmellorable, abordarán temáticas moi diversas.

A arte da cetrería

Esta práctica milenaria está presente na feira tanto a través da súa exposición como de asombrosas demostracións que gañan en público cada ano. A súa tradición e vistosidade conquistará de novo a público de todas as idades.

SHOWS SOBRE RODAS

Estes espectáculos reúnen a infinidade de entusiastas dos coches, as motos, os quads e tamén do skate, os cales vibran cos sorprendentes e mesmo arriscados trucos e piruetas.

ARTE CON MADEIRA E MOTOSIERRA

A madeira sempre ocupou un lugar destacado en Abanca Semana Verde e así o seguirá facendo, con actividades tan vistosas como a realización en directo de incribles esculturas talladas por motoserristas.

ATLETISMO E XADREZ

As propostas deportivas do certame xa son un referente. Como exemplo, a carreira popular Abanca Semana Verde, que chega en 2026 á súa 11ª edición, e o Open de Xadrez, que alcanza a súa sétima convocatoria.

Diversión miúda

Ademais de poder gozar da maioría de propostas, os máis pequenos tamén terán espazos específicos para que a súa visita sexa inesquecible: karts, actividades multiaventura, actuacións, talleres educativos e unha infinidade de novidades esperan.

ENTRETIDAS COMPETICIÓNS

Os visitantes tamén poderán mostrar as súas habilidades en simpáticas competicións, como a que reta aos e as máis “cocinillas” a demostrar que a súa tortilla de patacas é a mellor. Emoción e risas a partes iguais.

MeLLor con música

A gran oferta expositiva e de actividades da feira contará cun valor engadido, as actuacións de distintas bandas e grupo musicais que amenizarán diversos espazos e momento. Desde o máis tradicional todo o máis actual, será un pracer para os oídos.

ACTIVIDADES nos stands

A empresas e entidades presentes non só converterán a feira nun gran escaparate, senón que volverán superarse coas súas orixinais propostas e actividades no seu espazo expositivo. Serán momentos inesquecibles para os asistentes

GASTRONOMÍA

Desde as tradicionais “pulpeiras” a unha ampla variedade de propostas para gozar comendo, que permitirán experimentar por que unha feira en Galicia é tamén sinónimo de gastronomía.