Lenda do Couto, Noe de Fonteboa e Meiguiña de Remourelle, gañadores do Concurso Morfolóxico Cabalo Pura Raza Galega de Abanca Semana Verde

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin

NA COMPETICIÓN PARTICIPARON EXEMPLARES PROCEDENTES DE DISTINTOS PUNTOS DE A CORUÑA, LUGO E PONTEVEDRA

Silleda, 10 de xuño de 2022.- A 45ª Abanca Semana Verde de Galicia, a cal se celebra ata mañá no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, acolleu hoxe o X Concurso Morfolóxico Oficial de Cabalo Pura Raza Galega.

Na categoría de sementais, o gañador foi Noe de Fonteboa, propiedade de Ángel Fraga, de O Valadouro (Lugo), sendo o segundo posto para Comanche, de Alfonso Vázquez, de Teixeiro (A Coruña) e o terceiro para Chocolate FR, de Juan Fontenla, de A Estrada (Pontevedra).

En canto a eguas, o pódium estivo composto, de primeira a terceira, por Lenda do Couto, de Fernando Groba, de As Neves (Pontevedra), Galaxia de Oza, de Juan Paz, de Guitiriz (Lugo) e Fonteíña II, de Carlota Fontenla, de A Estrada (Pontevedra). En cuarto lugar quedou Brétema de Loiba, de Rebeca Yáñez Candamil, de Loiba (A Coruña).

Respecto a poldras, a primeira clasificada foi Meiguiña de Remourelle, de Rubén Pérez, de A Fonsagrada (Lugo), seguida de Milka da Laxe, de Juan Méndez de O Valadouro (Lugo) e de Raiana do Couto, de Fernando Groba, de As Neves (Pontevedra).

No concurso, organizado pola Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga), participaron exemplares desta raza autóctona en perigo de extinción procedentes de distintas localidades de A Coruña, Lugo e Pontevedra.

Presentación “Doma e morfoloxía, a nosa raza”

Por outra banda, hoxe levouse a cabo no certame a presentación “O Cabalo de Pura Raza Galega. Doma e morfoloxía. A nosa raza”, a cargo da Asociación Pura Raza Cabalo Galego en colaboración co programa FEADER “Europa Inviste no Rural”, Xunta de Galicia e Ministerio de Agricultura.