- A SÚA MOSTRA E O SEU PROGRAMA CARACTERIZARANSE POLO SEU ATRACTIVO E DIVERSIDAD TANTO PARA PÚBLICO PROFESIONAL COMO XERAL, CON NUMEROSAS NOVIDADES NESTA NOVA CONVOCATORIA
- O EQUIPO DA FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA INTESIFICA ESTES DÍAS O SEU TRABALLO PARA QUE TODO ESTEA A PUNTO NUNHA CITA QUE EN 2025 REUNIU A 112.200 VISITANTES
Silleda, 4 de maio de 2026.- A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia ultima a súa 48ª edición, a cal abrirá as súas portas nun mes par volver converterse no gran certame multisectorial de mostras e lecer do noroeste peninsular.
Do 4 ao 7 de xuño será cando esta feira volva sorprender ao público que acuda ao recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA coa incorporación de novidades tanto na súa área expositiva como no seu programa de actividades, ademais de manter propostas que segue demandando o visitante ano tras ano.
Para que todo estea a punto o equipo da Fundación Semana Verde de Galicia intesifica estes días o seu traballo. Así, prepárase unha exposiciòn que albergará os seus certames paralelos, que se corresponden co 29º Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca); o 15º Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia); a 12ª Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), a 12ª Feira de Caza, Pesca e Natureza (Fecap Abanca) e a 2ª Feira de Beleza e Estética (Intermax Beauty Show), ademais de numerosos sectores que van dende a gandería, a pequena maquinaria ou a xardinería ata a decoración, os automóbiles ou as solucións enerxéticas, entre moitos outros.
Tamén se está definindo estes días o seu intenso programa de actividades, que volverá caracterizarse pola súa amplitude e diversidade. Incluirán de novo actividades orientadas a profesionais e a público xeneral, con propostas que contan sempre con gran éxitos e outras que se incluirán por primeira vez.
Un respaldo de decenas de miles de visitantes
Exposición e actividades volverán conformar unha proposta única que conta co respaldo tanto de expositores, pola súa capacidade para xerar negocio, como de visitantes, polo seu atractivo para todo tipo de públicos.
O ano pasado puideron desfrutar desta cita no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA 112.200 visitantes, un 32% máis que na edición anterior e a súa mellor cifra desde que se declarase a pandemia.









